Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 3. De Goián a Vila Nova de Cerveira

Viaxamos nesta ocasión a Goián, parroquia do concello de Tomiño.

Comezaremos a nosa andaina xunto á súa fortaleza, polo paseo fluvial do Miño, que nos leva ata a ponte da Amizade a cal cruzaremos para acadar a beira portuguesa do río Miño. Continuaremos polo paseo da beira do río ata as proximidades do lugar de Sobreiro, onde daremos a volta. Dende aquí continuaremos a ruta ata Vila Nova de Cerveira, onde rematamos. Non sen antes pasar pola fortaleza de Lovelhe.O percorrido é moi sinxelo, e os camiños son moi cómodos (é aconsellable levar calzado cómodo e lixeiro)A ruta ten un alto interese natural, paisaxístico e cultural. Tanto a  fortaleza de Goián ou forte de San lourenzo como tamén se coñece, e o forte de Lovelhe, construíronse no século XVII e xogaron un papel fundamental no control e a vixilancia da fronteira.Esta é unha actividade estupenda para iniciarse no sendeirismo.

  • Lonxitude: 15 km
  • Desnivel: non ten
  • Dificultade: baixa
  • Hora de saída: ás 08:00    
  • Hora de regreso: ás 20:00 aproximadamente
« Xuño - 2017 »
L Ma M X V SD
  01 02
03
04
05 06 07 08 09 10 11
12 13 14 15 16
17
18
19 20
21
22 23 24 25
26 28 29 30  

Sábado 3. De Goián a Vila Nova de Cerveira

Viaxamos nesta ocasión a Goián, parroquia do concello de Tomiño.

Sábado 17 e domingo 18. Fin de semana en Asturias

Imos esta fin de semana a Asturias a facer dúas actividades ben distintas. O sábado faremos o descenso do río Sella e o domingo unha ruta de sendeirismo entre Cangas de Onís e Cova...

Mércores 21. Roteiro por Compostela. Recollida de Herbas de San Xoán

Percurso polas beiras do Sarela para apañar as herbas de San Xoán.