Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Deporte e... > Fichas > Ficha

Ficha

Cine

Carros de fuego

Carros de lume [Chariots of Fire] é unha exitosa película baseada na historia real de Harold Abrahams e Eric Liddell, dous atletas británicos que competiron nos Xogos Olímpicos de París 1924. A película foi nomeada a sete Premios Oscar, e gañou catro, incluíndo o Oscar á mellor película.

Os protagonistas

En Gran Bretaña, en 1920, dous atletas de diferentes clases sociais, Harold Abrahams e Eric Liddell, adéstranse para competir nos Xogos Olímpicos de París 1924. Liddell é un cristián evanxélico da Igrexa Reformada de Escocia e os seus pais son misioneiros en China. Nacido en China retorna a Escocia para estudar e salienta como xogador de rugbi para despois dedicarse ao atletismo. Dotado dun gran carisma acadará sona como un deportista excepcional.

Harold Abraham é xudeu, condición pola que ten que enfrontar a un menor recoñecemento social. O atletismo bríndalle a Harold Abraham a oportunidade de acadar un amplo recoñecemento popular cando bate a marca de velocidade da Universidade de Cambridge o que lle abre a porta para participar, xunto con Liddell, no equipo olímpico.

A historia

Nas Olimpiadas de París de 1924, Eric Liddell terá que enfrontarse a un dilema: participar na carreira para que leva preparándose anos ou respectar os preceptos da súa relixión que lle impeden competir en domingo e deixar logo de correr nos 100 metros, a proba na que tiña mellores rexistros. Pregándose ás súas crenzas decidirá non facer a carreira.

Os feitos que se narran en Carros de lume son parcialmente certos xa que Liddell, efectivamente, renunciou a participar nos 100 metros por razóns relixiosas, pero o calendario das probas era sabido desde había moitos meses polo que Liddell se adestrara para competir non para os 100 metros senón para os 200 e os 400 metros nos xogos parienses. Tampouco é verdade como se conta na película que un compañeiro de equipo lle cedese a súa praza nos carreira de 400 metros.

Tanto Harold Abrahams como Eric Liddell subiron ao podio en París. Liddell conseguiu a medalla de bronce nos 200 metros, por detrás dos estadounidenses Jackson Scholz e Charlie Paddock. Nos 400 metros batiría inesperadamente o récord olímpico con 47,6s e obtivo a medalla de ouro por diante do estadounidense Horatio Fitch (48.4s) e do británico Guy Butler (48,6s). Pola súa parte, Harold Abrahams foi ouro na carreira de 100 metros lisos.

Os premios da película

Carros de lume foi ganadora de 4 Oscars en 1982: mellor película para David Puttnam, mejor guión original para Colin Welland, mellor banda sonora orixinal para Vangelis e mellor vestiario para Milena Canonero. Amais foi nominado Ian Holm como mellor actor de reparto, Hugh Hudson como mellor director y a película como a mellor montaxe.

A banda sonora do grego Vangelis tornouse nunha popular melodía a comezos da década dos anos oitenta do pasado século.

  • Ficha técnica
Título orixinal: Chariots of Fire. Ano: 1981. Duración: 123 minutos. Director: Hugh Hudson. Guión: Colin Welland. Música: Vangelis. Reparto: Ben Cross, Ian Charleson, Nigel Havers, Cheryl Campbell, Alice Krige, Ian Holm, John Gielgud, Lindsay Anderson, Brad Davis, Dennis Christopher, Nigel Davenport, Peter Egan, Patrick Magee.

Cartel orixinal da película

Cartel orixinal da película

Requírese Flash!

A carreira da final de 400 m. en Carros de lume



  • Ligazóns