20 de xullo
Roteiro ao Monte Gaiás. Programa de visitas guiadas ás obras da Cidade da Cultura de Galicia
20 de xullo, 10 e 26 de agosto, 9 e 21 de setembro
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación USC Deportiva organizan, dentro do programa de visitas guiadas ás obras, a realización de roteiros de sendeirismo ao Monte Gaiás nos vindeiros meses de xullo, agosto e setembro. O vindeiro luns día 28 de xuño ábrese o prazo de inscrición nos roteiros. A actividade é gratuíta.
Roteiro ao Monte Gaiás
Comeza o percorrido na praza de San Roque, de aí prosegue ata o parque de Bonaval e o de Belvís. Logo baixarase cara ao Sar e ascender logo ao monte Gaiás pola calzada do Sar. Ao chegar á parte alta accederase á Cidade da Cultura de Galicia, onde se realizará unha visita guiada de aproximadamente 1 hora de duración. Despois se regresará á Colexiata do Sar onde remata a actividade.
O percorrido será de 6 km. de lonxitude aproximadamente.
Cómpre levar calzado axeitado e é recomendable levar algo de auga.
Datas de realización
Os días de realización dos roteiros serán:
- 20 de xullo
O grupo do día 20 de xullo está completo, as persoas que, non obstante, queiran anotarse serán engadidas nunha lista de agarda e de producirse baixas no grupo poderían realizar este itinerario.
- 10 de agosto
O grupo do día 10 de agosto está completo, as persoas que, non obstante, queiran anotarse serán engadidas nunha lista de agarda e de producirse baixas no grupo poderían realizar este itinerario.
- 26 de agosto
O grupo do día 26 de agosto está completo, as persoas que, non obstante, queiran anotarse serán engadidas nunha lista de agarda e de producirse baixas no grupo poderían realizar este itinerario.
- 9 de setembro
O grupo do día 9 de setembro está completo, as persoas que, non obstante, queiran anotarse serán engadidas nunha lista de agarda e de producirse baixas no grupo poderían realizar este itinerario.
- 21 de setembro.
Horario
A hora de saída: 18 horas desde a praza de San Roque.
Inscrición
Pode inscribirse calquera persoa que o desexe. Os menores de idade deberán ir acompañados dun titor que igualmente debe inscribirse para a realización do roteiro.
O cupo máximo de persoas por itinerario será de 25 persoas e respectarase a orde de inscrición.
Datas de inscrición
O prazo de inscrición para os roteiros abrirase o 28 de xuño até cubrir as 25 prazas de cada grupo.
Inscrición gratuíta
A participación na actividade é totalmente gratuíta.
Como inscribirse
A inscrición nos roteiros pode realizarse preenchendo este formulario.
Normas de obrigado cumprimento
- Os participantes seguirán as indicacións dos guías dende que comeza a actividade ata que remata
- Non pode participar na actividade ningunha persoa que non esté na lista de participantes admitidos.
- Os menores de idade deberán ir acompañados dun titor e este será o responsable do menor durante toda a actividade
- Debemos prestar máxima atención ao tráfico rodado cando haxa que cruzar rúas ou estradas.