Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

II Curso Básico de Manexo de GPS

[PRAZAS CUBERTAS] 1 de xuño
Segunda edición do Curso Básico de Manexo de GPS que será impartido por Javier Aradas Mariñas. O curso realizarase o sábado 1 de xuño de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas na Aula de Formación da Biblioteca Universitaria Concepción Arenal. O seu custe é de 38 euros.

Cada vez máis xente adquire dispositivos GPS para ás súas saídas ao campo ou a montaña, pero moitas veces non temos os coñecementos básicos necesarios para sacarlles todo o seu partido. Sabemos que é un aparato que nos pode ser de grande axuda pero, como?

 

PRAZA CUBERTAS


Este curso pretende que todas aquelas persoas que adquiriron recentemente un dispositivo GPS aprendan a sacarlle o máximo partido a partir dunha sesión teórica, probas de campo e unha sesión interactiva onde se analizarán os resultados obtidos na proba de campo.

Obxectivos

  • Adquirir os conceptos básicos para o coñecemento e bo uso do dispositivo GPS.
  • Poñer en práctica os coñecementos adquiridos na sesión teórica. Levarase a cabo mediante o manexo do GPS.
  • Valorar e interpretar os resultados obtidos mediante as diferentes alternativas que ofrecen os distintos software e utilidades.

Contidos

1. Nocións e fundamentos

  • O sistema GPS
  • Xeodesia
  • Proxección
  • Datum
  • Precisión e erros
  • DGPS

2. Receptores

  • Tipos
  • Modelos
  • Características
  • Configuración

3. Datos

  • Tracks
  • Waypoints
  • Rutas
  • POIs

4. Cartografía

  • Mapas Raster (Topográficos e Ortofotos)
  • Mapas Vectoriais
  • Relevos

5. Comunicacións

  • Protocolos
  • Transferencia de Datos GPS->PC, PC->GPS

6. Softwares

  • CompeGPS, Basecamp, GoogleEarth

7. Probas de campo

  • Configuración
  • Xestión
  • Creación e interpretación de datos
  • Navegación


8. Aplicacións

  • Seguemento e localización
  • Geocaching

Docente: Javier Aradas Mariñas

Javier Aradas Mariñas é Técnico de Sendeiros pola Federación Española de Montaña e Escalada e a Escola Española de Alta Montaña. É tamén Técnico de Sendeiros e Instrutor de Sendeirismo pola Federaçao de Campismo e Montanhismo de Portugal e a Escola Nacional de Montanhismo.

Elaborou numerosos proxectos de sendeiros para a Federación Galega de Sendeirismo e ten impartido diversos cursos e xornadas relacionados co tema de GPS para a Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada, a Federación Andaluza de Montañismo ou a Federaçao de Campismo e Montanhismo de Portugal.

Para esta última entidade portuguesa imparte anualmente ,dende 2006, docencia en cursos de iniciación e actualización de aplicacións informáticas e de GPS en sendeirismo e montañismo, tanto nos ámbitos de seguridade en actividades como de actualización de técnicos de sendeiros ou nos Cursos de Monitores de Sendeirismo e Montañismo, na área de Orientación con GPS.

Ademais da súa actividade como docente, Javier Aradas é Coordinador da Escola de Tempo Libre da Universidade da Coruña, Coordinador da Sección de Actividades na Natureza da Área de Deportes da Universidade da Coruña e moderador do foro oficial do software CompeGPS.

Data e horario de realización

Sábado 1 de xuño de 2013. De 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas

Estrutura do curso

  • De 9:30 a 12:30: Sesión expositiva na aula
  • De 12:30 a 14:30: Probas de campo
  • De 16:00 a 19:30: Probas de campo
  • De 19:30 a 21:00 Sesión interactiva na aula

Lugar de celebración

  • Aula de Formación da Biblioteca Universitaria Concepción Arenal.
    Rúa dos Feáns s/n, Campus Vida. Santiago de Compostela

Prezo

38 €

Prazas dispoñibles

  • Mínimo: 6
  • Máximo: 10

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de idade que o desexe. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva.

No caso de que o día 27 de maio non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso.

De ter chegado ao mínimo de inscritos nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

Para realizar a inscrición deberase cubrir este formulario on line.

A persoa inscrita recibirá un correo electrónico onde se lle comunicará que ten 48 horas para efectuar o pagamento do curso (e enviar o xustificante no caso de non utilizar a pasarela de pago da web).

Se transcorrido ese prazo a persoa inscrita non efectuara o pagamento ou non enviara o xustificante, perderá a súa praza.

Formas de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  1. On line
  2. Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.
  • Caixa Rural Galega: C.c.c: 3070 0035 26 6069384920
  • Novagalicia Banco: C.c.c: 2080 0388 27 3040000932

Correo electrónico: contacto@fundacionuscdeportiva.org

Enderezo: Edificio FEUGA (despacho 3). Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela

Material necesario

Non é imprescindible levar un dispositivo GPS, pero sí é moi recomendable.

Renuncia á praza e devolución dos ingresos

As cantidades pagadas só serán devolvidas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Protección e seguridade de datos

Informamos que os datos persoais que se faciliten serán incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación USC Deportiva, ao abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co fin de xestionar as actividades e difusión dos eventos organizados pola Fundación, sabendo que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante unha petición escrita dirixida á Fundación USC Deportiva, Edificio FEUGA (despacho 3), Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela.

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.