Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

X Concurso de postais de Nadal da Fundación Universidade de Santiago de Compostela

Data límite de entrega de orixinais: 9 de decembro de 2022
Bases do X Concurso de postais de Nadal. Poden participar todos aqueles nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2010 e 2019 (ambos incluídos).

Bases

  • 1. Poderán participar todos aqueles nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2010 e 2019 (ambos incluídos).
  • 2. Cada participante poderá presentar un só traballo. Este debe realizarse en cartolina tamaño DIN-A4 por unha soa cara e poderase utilizar calquera técnica de debuxo, pintura ou colaxe. Os traballos non se poderán presentar enmarcados nin suxeitos con ningún tipo de soporte. As cartolinas tampouco poderán estar dobrados.
  • 3. A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte. No caso de levar texto (non é obrigatorio), deberá ser en galego.
  • 4. Valorarase a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos nenos e nenas, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática indicada.
  • 5. Outorgarase un único premio. Este será nominal e non será transferible a outra persoa.
  • 6. O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2023 e un vale de 100 € para trocar por material deportivo. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación Universidade de Santiago (en adiante Fundación). Na mesma figurará o nome do gañador ou gañadora.
  • 7. O xurado poderá outorgar un accésit cuxo premio consistirá nun pequeno lote de libros.
  • 8. Os traballos presentaranse nun sobre pechado. No exterior do sobre indicarase “X Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC”. No interior, acompañando á postal, incluirase un sobre pequeno pechado coa folla de inscrición que acompaña a estas bases no seu interior. Na parte posterior da postal debe indicarse a idade da persoa participante, pero nunca o seu nome.
  • 9. As postais deberán entregarse na sede da Fundación, ben de maneira presencial ou enviándoas por correo. O enderezo é: Edificio Emprendia, 1ª planta, S1, 15782 Campus Vida, Santiago de Compostela.
  • 10. A data límite de recepción dos orixinais será o 9 de decembro de 2022.
  • 11. O veredicto do xurado farase público o 19 de decembro de 2022 na web da Fundación (www.fundacionusc.gal).
  • 12. O acto de entrega do premio comunicaráselle oportunamente por escrito ao gañador ou gañadora.
  • 13. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
  • 14. A decisión do xurado cualificador será inapelable.
  • 15. O xurado estará composto por tres persoas. A composición do xurado farase pública na páxina web da Fundación antes de emitirse o seu fallo.
  • 16. Non poderán participar neste concurso os familiares de ata segundo grao dos membros do xurado.
  • 17. Os pais, nais ou representantes legais de todos os participantes, sexan finalmente gañadores ou non, autorizan á Fundación a publicar todas as obras cedidas, sen que poidan utilizarse para ningunha outra actividade non relacionada co concurso, sen límite temporal ou xeográfico.
  • 18. Os pais, nais ou representantes legais de todos os participantes, ceden así mesmo á Fundación da mesma forma e coa mesma extensión, o dereito de transformación mediante calquera modificación na súa forma, incluíndo a autorización para a creación de obras compostas.
  • 19. Os dereitos cedidos antes indicados poderán exercitarse sobre a totalidade ou parte da obra, sen ningún tipo de limitación.
  • 20. As cesións anteriores enténdense realizadas a título gratuíto.
  • 21. Os pais, nais ou representantes legais dos participantes manifestan e garantirán que as obras e a cesión que ten lugar como consecuencia da participación no concurso non infrinxen dereitos de terceiros, en particular, non infrinxen dereitos de propiedade intelectual ou industrial, dereitos sobre a propia imaxe, dereitos sobre os datos persoais, nin son contrarios á lei nin aos bos costumes; e que manterán indemne á Fundación e calquera terceiro que actúe por encargo de estes por calquera reclamación da que sexa obxecto por dita causa.
  • 22. A Fundación resérvase o dereito de non publicar calquera obra cuxo contido non estea relacionado co concurso e/ou coa temática do concurso ou calquera obra cuxa autoría se sospeite que non sexa do participante rexistrado.
  • 23. A Fundación resérvase o dereito a modificar en calquera momento as condicións do concurso, incluso a súa posible anulación antes do prazo prefixado, sempre que concorra causa xusta, comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións do concurso ou a anulación definitiva.
  • 24. Participar neste concurso leva consigo a aceptación íntegra destas bases. A Fundación resérvase o dereito de non permitir a participación de calquera persoa cando estime que a mesma realiza un mal uso ou uso fraudulento deste concurso, mediante calquera procedemento técnico, informático ou doutro tipo.