Neste programa, no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela, os rapaces e rapazas participantes coñecerán unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e actividades e saídas culturais.
Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.
Esta edición do Verán CampUSC contará con certas diferenzas con respecto a outras debido á situación sanitaria destes dous últimos anos, para o cal aproveitaremos todo o aprendido durante estas últimas edicións.
Antes do inicio da actividade, as familias participantes recibirán toda a información do desenvolvemento da actividade relativa ás medidas implantadas para a seguridade de todo o colectivo que formará parte do programa.
Publícase un documento por quenda. Cada un destes arquivos inclúe
Tal e como figura no apartado 6 das bases de participación, do 20 ao 23 de maio terá lugar un período de reclamacións e corrección de erros nas listaxes publicadas. As reclamacións faranse no correo info@fundacionusc.gal.
O 25 de maio publicaranse na web da Fundación USC as listas definitivas de persoas admitidas en cada quenda e abrirase o prazo para que as persoas admitidas formalicen as súas prazas facendo o pagamento.
A partir do 25 de maio quedará aberta tamén a inscrición para persoas que non fixeron preinscrición nas quendas nas que hai prazas libres, que son as seguintes:
Para nacidos/as entre 2005 e 2008: Todas as quendas