Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

VIII Concurso de Postais de Nadal da Fundación Universidade de Santiago

Envío de orixinais: Até o 10 de decembro. Fallo do xurado: 17 de decembro.
A Fundación Universidade de Santiago convoca o VIII Concurso de Postais de Nadal. A data límite de envío será o 10 de decembro de 2020.

Bases

  1. Poderán participar todos aqueles nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 2017 (ambos incluídos).
  2. Cada participante poderá presentar un só traballo. Este debe realizarse en tamaño DIN-A4 por unha soa cara e poderase utilizar calquera técnica de debuxo ou pintura. Os traballos non se poderán presentar enmarcados nin suxeitos con ningún tipo de soporte. Tampouco poderán estar dobrados.
  3. A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte. No caso de levar texto (non é obrigatorio), deberá ser en galego.
  4. Valorarase a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos nenos e nenas, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática indicada.
  5. Outorgarase un único premio. Este será nominal e non será transferible a outra persoa.
  6. O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2021 e un vale de 100 € para canxear por material deportivo. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación Universidade de Santiago (en adiante Fundación). Na mesma figurará o nome do gañador ou gañadora.
  7. O xurado poderá outorgar un accésit cuxo premio consistirá nun pequeno lote de libros.
  8. Os traballos enviaranse escaneados en cor en formato PDF ao enderezo electrónico info@fundacionuscdeportiva.org. No asunto indicarase “VIII Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC”. No correo achegaranse dous arquivos: o debuxo escaneado e a folla de inscrición que acompaña a estas bases.
  9. A data límite de envío será o 10 de decembro de 2020 ás 23:59 horas.
  10. O fallo do xurado farase público o 17 de decembro de 2020 na web da Fundación.
  11. A Fundación garantirá que os membros do xurado descoñezan a autoría das obras presentadas.
  12. Só unha persoa traballadora da Fundación terá acceso ao correo electrónico indicado e será quen xestione a entrega das obras ao xurado de forma anónima.
  13. O gañador ou gañadora provisional será contactado por vía telefónica e comprométese a entregar o orixinal o 16 de decembro como data límite co fin de comprobar que o arquivo electrónico entregado se corresponde co debuxo orixinal.
  14. O acto de entrega do premio comunicaráselle oportunamente por escrito ao gañador ou gañadora.
  15. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
  16. A decisión do xurado cualificador será inapelable.
  17. O xurado estará composto por cinco persoas. A composición do xurado farase pública na páxina web da Fundación antes de emitirse o seu fallo.
  18. Non poderán participar neste concurso os familiares de ata segundo grao dos membros do xurado.
  19. Os pais, nais ou representantes legais de todos os participantes, sexan finalmente gañadores ou non, autorizan á Fundación a publicar todas as obras cedidas, sen que poidan utilizarse para ningunha outra actividade non relacionada co concurso, sen límite temporal ou xeográfico.
  20. Os pais, nais ou representantes legais de todos os participantes, ceden así mesmo á Fundación da mesma forma e coa mesma extensión, o dereito de transformación mediante calquera modificación na súa forma, incluíndo a autorización para a creación de obras compostas.
  21. Os dereitos cedidos antes indicados poderán exercitarse sobre a totalidade ou parte da obra, sen ningún tipo de limitación.
  22. As cesións anteriores enténdense realizadas a título gratuíto.
  23. Os pais, nais ou representantes legais dos participantes manifestan e garantirán que as obras e a cesión que ten lugar como consecuencia da participación no concurso non infrinxen dereitos de terceiros, en particular, non infrinxen dereitos de propiedade intelectual ou industrial, dereitos sobre a propia imaxe, dereitos sobre os datos persoais, nin son contrarios á lei nin aos bos costumes; e que manterán indemne á Fundación e calqueira terceiro que actúe por encargo de estes por calquera reclamación da que sexa obxecto por dita causa.
  24. A Fundación resérvase o dereito de non publicar calquera obra cuxo contido non estea relacionado co concurso e/ou coa temática do concurso ou calquera obra cuxa autoría se sospeite que non sexa do participante rexistrado.
  25. A Fundación resérvase o dereito a modificar en calquera momento as condicións do concurso, incluso a súa posible anulación antes do prazo prefixado, sempre que concorra causa xusta, comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións do concurso ou a anulación definitiva.
  26. Participar neste concurso conleva a aceptación íntegra destas bases. A Fundación resérvase o dereito de non permitir a participación de calquera persoa cando estime que a mesma realiza un mal uso ou uso fraudulento deste concurso, mediante calquera procedemento técnico, informático ou doutro tipo.