Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Verán CampUSC 2020

22-30 de xuño; 1-31 de xullo de 2020; e 1-9 de setembro de 2020
O programa Verán CampUSC 2020, organizado pola Fundación Universidade de Santiago de Compostela (anteriormente Fundación USC-Deportiva) é unha actividade que ten lugar no período non lectivo do verán (agás o mes de agosto) co fin de conciliar a vida laboral e familiar tanto da comunidade universitaria da USC coma do público xeral.

Neste programa, no que colaboran a Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos e o Concello de Santiago de Compostela, os rapaces e rapazas participantes coñecerán unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e actividades e saídas culturais.

Esta edición do Verán CampUSC contará con certas diferenzas con respecto ás edicións anteriores debido á situación sanitaria actual.

Estas bases de participación inclúen nesta edición uns anexos que conteñen os protocolos de actuación para a adaptación do programa Verán CampUSC ás directrices das autoridades competentes en relación coa Covid-19. Polo tanto, é posible que tanto antes do inicio como durante a actividade, se as directrices das autoridades sanitarias ou da Comunidade Autónoma de Galicia cambian, tamén se teñan que adaptar tanto as bases e os anexos coma os protocolos. Se hai algún cambio, será publicado na páxina web da Fundación e remitido por correo electrónico ás familias participantes.

» DESCARGAR AS BASES DO VERÁN CAMPUS 2020

» ACTUALIZACIÓN DOS PROCOLOS E MEDIDAS DE PREVENCIÓN

» DESCARGAR O CONSENTIMENTO INFORMADO

Prazas


As prazas ofertadas serán 120 por quenda. Estas prazas estarán reservadas da seguinte maneira segundo a categoría e idades:

Rapaces/as de 4 a 13 anos fillos/as da comunidade universitaria (persoal e estudantado da USC) e persoal da Fundación USC

70 prazas

Rapaces/as de 4 a 13 anos fillos/as do público xeral (familias sen vinculación coa comunidade universitaria)

30 prazas

Rapaces/as de 14 a 17 anos fillos/as da comunidade universitaria (persoal e estudantado da USC) e persoal da Fundación USC

14 prazas

Rapaces/as de 14 a 17 anos fillos/as do público xeral (familias sen vinculación coa comunidade universitaria)

6 prazas

A Fundación USC garante unha adecuada organización do programa en condicións óptimas para o número de prazas.

Inscrición e procedemento de admisión

Debido á situación excepcional desta edición, unha NOVIDADE IMPORTANTE será o procedemento de inscrición e admisión, polo que recomendamos ler con atención nas bases.

A ADMISIÓN NO VERÁN CAMPUSC 2020 REALIZARASE POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA DAS INSCRICIÓNS TOTALMENTE FORMALIZADAS (FORMULARIO + PAGO).

Haberá un primeiro prazo no que cada categoría terá o seu número de prazas reservadas (indicadas no apartado anterior). Se unha vez rematado este prazo quedasen prazas libres, estas poderán ser ocupadas por calquera persoa, independentemente da súa categoría.

Comezo do prazo para a categoría correspondente (USC – alleos)

Fin do prazo para a categoría correspondente (USC – alleos)

Comezo do prazo para cubrir prazas vacantes sen importar categoría

Fin do prazo para cubrir prazas vacantes sen importar categoría

08/06/2020

14/06/2020 ou cando se cubran todas as prazas

15/06/2020

Cando se cubran todas as prazas.

Formalización da inscrición

Todas as persoas deben cubrir este formulario de inscrición on line.

Para cubrir o formulario de inscrición deberá achegar os seguintes documentos escaneados (pdf ou jpg) e subilos no propio formulario:

  • Copia do libro de familia (debe aparecer o nome do proxenitor/a que fai a inscrición e do neno ou nena inscrito/a)
  • Foto tipo carné
  • Tarxeta sanitaria
  • DNI do neno/a (se ten)
  • Documento de aceptación das condicións de participación

O pagamento poderá facerse de dúas formas: en liña ou por transferencia ou ingreso bancario.

Pagamento en liña

Pódese pagar con tarxeta de crédito a través desta pasarela de pago en liña.

Neste caso non é necesario achegar ningún xustificante.

No formulario de inscrición en liña deberá marcar esta opción de pago, aínda que o pago non se pode facer dende o formulario directamente. O pago débese facer dende esta pasarela de pago en liña.

Transferencia

Tamén pode facer unha transferencia ou ingreso bancario nalgún dos seguintes números de conta:

  • Caixa Rural Galega
    • ES82 3070 0035 2660 6938 4920
  • Abanca
    • ES07 2080 0388 2730 4000 0932


Neste caso deberá achegar o xustificante da transferencia no formulario de inscrición.

Unha vez que na Fundación USC recibamos o formulario de inscrición e comprobemos que o importe abonado é o correcto, recibirá un correo electrónico de confirmación da súa inscrición.

No caso de facer a inscrición cando xa non queden prazas, procederase á devolución do importe abonado.

Importante para pagamento en liña ou transferencia bancaria: No concepto do ingreso bancario deberá aparecer o nome e apelidos do rapaz ou rapaza, así como as quendas nas que se inscribe (no pagamento en liña faise no apartado de “Beneficiario”, utilizando os seguintes códigos:

Q1

Do 22 ao 30 de xuño de 2020

Q2

Do 1 ao 10 de xullo de 2020

Q3

Do 13 ao 24 de xullo de 2020

Q4

Do 27 ao 31 de xullo de 2020

Q5

Do 1 ao 9 de setembro de 2020

Por exemplo: LARA PÉREZ PÉREZ Q1 – Q2