Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Programa de oito semanas para a redución de estrés. Sistemas de adestramento en mindfulness e meditación

Aprazado.
A práctica da atención plena ten demostrado en numerosos estudos científicos a súa eficacia na redución do estrés e a mellora da saúde. Este programa está baseado no traballo realizado por Jon Kabat-Zinn no centro médico da Universidade de Massachusetts.

O adestramento que realizaremos combina a visión oriental da saúde cunha exhaustiva investigación científica; esta combinación de diferentes campos do saber conduce a un novo paradigma, que podemos resumir en tres principios:

  1. O mindfulness cualificouse como medicina mente-corpo, dado que as angustias mentais tradúcense en enfermidades e, á súa vez, as doencias físicas crean sufrimento na mente.
  2.  Co mindfulness proponse unha actitude participativa e consciente.
  3.  O mindfulness preséntase como medicina complementaria; non entra a diagnosticar nin cambiar tratamentos, simplemente promove prácticas saudables.

Obxectivos

  • Incrementar a concentración e a atención.
  • Fortalecer os vínculos entre a mente e o corpo, comprender como o estrés afecta á saúde física e ao benestar psicolóxico.
  • Comprender como funciona o estrés, as súas funcións e mecanismos.
  • Aprender a deterse e observar para dar respostas adecuadas aos estímulos.
  • Utilizar técnicas de respiración para reducir o distrés.
  • Aumentar os estados de relaxación.
  • Comprender o funcionamento do sistema nervioso.
  • Deter o “piloto automático”.
  • Evitar pensamentos repetitivos e habituais. Evitar as rumiacións da mente.

Contidos e programación

1ª semana

  • Que é o mindfulness?
  • Como funciona a atención?
  • A intención. Comer atentamente.
  • Exploración do corpo (body scan).

2ª semana

  • Como a percepción condiciona a realidade.
  • 20 respiracións conscientes.
  • Meditación guiada.

3ª semana

  • Recoñecer e regular as emocións.
  • Suspender os xuízos.
  • Exercicios tipo ioga. Explorar o corpo durante as asanas: onde hai tensión, onde está o límite do corpo.
  • Rexistro de momentos agradables e momentos desagradables.

4ª semana

  • O estrés que afecta ao corpo e a mente.
  • Meditación camiñando (kinhin).
  • Exercicios de ioga chinés (chi kung)
  • Caderno persoal. Rexistro da experiencia.

5ª semana

  • A resiliencia.
  • Responder ao estrés.
  • Meditación camiñando. Meditación guiada.
  • Como responder de maneira calmada en vez de reaccionar aos estímulos.

6ª semana

  • Comunicación con mindfulness.
  • Estrés psicosocial.
  • Comunicación asertiva.

7ª semana

  • O coidado dun/ha mesmo/a e a xestión do tempo.
  • O triángulo da vida: o eu, o traballo e as relación sociais.

8ª semana

  • A fin é o principio.
  • Integrando mindfulness na vida cotiá.

Datas

Todos os mércores do 15 de abril ao 3 de xuño de 2020.

Horario

De 16:45 a 18:15 horas.

Lugar

  • Colexio Maior Rodríguez Cadarso (Praza Rodríguez Cadarso s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela)
    Sala Multiusos

Prezo 

150 €

Docente: Amancio Rial

Amancio Rial leva máis de trece anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e actualmente na Fundación USC Deportiva. Asimesmo, realizou seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación.

Destinatarios

Esta actividade está dirixida a calquera persoa interesada no coñecemento destas técnicas e en profundar na temática que abordará o curso, así como na adquisición das ferramentas que proporciona para poñelas en práctica e aplicalas aos estados de estrés e ansiedade.

Prazas

O curso contará cun máximo de 15 prazas e un mínimo de 8. En caso de non acadarse o mínimo establecido procederase á anulación do curso e á devolución das taxas aboadas.

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de 16 anos que o desexe interesada na temática. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva.

No caso de que o mércores 8 de abril non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso.

De ter chegado ao mínimo de inscritos nesa data pero de haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A inscrición considerarase feita unha vez cuberto este formulario on line e unha vez que se teña  recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento a través da nosa páxina web non é preciso enviar este xustificante).

Forma de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  1. On line
  2. Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado, por correo postal ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.

Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920

Abanca: ES07 2080 0388 2730 4000 0932

Correo electrónico: info@fundacionuscdeportiva.org

Enderezo: Fundación USC Deportiva. Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

Asistencia

Os alumnos/as do obradoiro obterán un diploma acreditativo de asistencia ao finalizar o mesmo sempre e cando asistan a un mínimo do 75% das sesións.

Renuncia á praza e devolución dos ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.