Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Actividade de montaña. Peña Rueda. Quirós. Parque Natural de las Ubiñas.

1, 2 e 3 de novembro
Ruta de montaña polo Parque Natural de las Ubiñas, Quirós (Asturias). Saída: venres día 1, ás 07:00, diante da piscina universitaria. Regreso: domingo día 3, ás 21:30 aproximadamente. O prazo de remate das inscrición é o 6 de outubro.

Programa

Temos previsto facer tres rutas pola zona, entre elas o ascenso a Peña Rueda de 2152 m, unha das montañas máis bonitas deste parque natural. As outras seguramente serán pola serra de Sobia e arredores. Máis adiante achegarase información máis completa sobre as rutas.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición remata o día 6 de outubro.

Inscrición

Pata realizar a inscrición acceda a esta aplicación

Aloxamento

Albergue Municipal de Arrojo en Quirós, en réxime de media pensión, polo que tendes que levar a comida para as rutas. As habitacións son con liteiras de 8, 6 e 4 persoas de capacidade.

Observacións

Como é unha actividade de montaña é preciso ter a licenza federativa correspondente, así como ter un bo estado de forma e estar acostumado a subir e baixar fortes desniveis (máis de 1000 m).

En caso de haber alguén con algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria debe comunicalo no momento de facer a inscrición

Dadas as características montañosas da zona e a época na que imos é importante prestar boa atención ás previsións meteorolóxicas.

[Fotografía: Caminando por Asturias].