Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Curso. O Tao do Kung Fu. Cultura, historia, evolución e sistemas de adestramento

Venres 18 e 25 de outubro de 2019
Introdución á filosofía, cultura e historia das Artes Marciais Chinesas (os seus métodos de adestramento físico e mental).

Práctica formal tradicional:

  • Chang Quan (boxeo largo).
  • Shaolin Quan (boxeo do templo budista de Shaolin).
  • Wu Shu (formas de entrenamento).
  • Wing Chun (fermosa primaveira, o moneco de madeira).

Práctica moderna:

  • Boxeo Sanda.
  • San Shou.

Contidos

1. Dominio das distancias e niveis
2. Sistemas defensivos:

  • Protección
  • Bloqueo
  • Desvíos e esquivas
  • Posicións e gardas
  • Desprazamentos

3. Sistemas defensivos

  • Técnicas de puño
  • Técnicas de perna
  • Varridos, derribas
  • Chin Na Shu (agarres)

Obxectivo

Achegarse a esta disciplina milenaria para desenvolver áreas como:

  • Atención e concentración
  • Forza
  • Resistencia
  • Elasticidade
  • Técnicas de man baleira
  • Técnicas con armas
  • Coordinación
  • Defensa persoal
  • Combate programado (Du Lian)
  • Combate libre (San Shou)

Persoas destinatarias

Este curso vai dirixido ás persoas con algún coñecemento previo en distintas artes marciais e que estean interesadas en aproximarse a esta disciplina chinesa.

Datas

Venres 18 e 25 de outubro de 2019

Horario

De 16:30 a 20:30 h.

Lugar

Sala de artes marciais do Complexo Deportivo do Estadio da USC: Avenida Novoa Santos, s/n. Santiago de Compostela.

Número de prazas

15 prazas

Docente

O profesor da Fundación USC Deportiva, Amancio Rial Bouza, será o encargado de dirixir a práctica. Rial é o profesor de actividades como Mindfulness, Tai Chi, Chi Kung e Kung Fu.

Que preciso levar?

Roupa de artes marciais ou de algodón sen botóns, cremalleiras ou outros elementos que poidan ser perigosos para a práctica (técnicas de contacto).

Débese levar tamén auga para hidratarse xa que o traballo será intenso.

Prezo

50 €

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de 16 anos que o desexe. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva. No caso de que o día 15 de outubro non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado ao mínimo de persoas inscritas nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A inscrición considerarase feita unha vez cuberto o formulario on line e unha vez que se teña recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento a través da nosa páxina web non é preciso enviar este xustificante).

É obrigatorio enviar tamén por correo electrónico a info@fundacionuscdeportiva.org a cláusula informativa cuberta e asinada.

Forma de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:
1. On line
2. Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.

  • Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
  • Abanca: ES07 2080 0388 2730 4000 0932

Correo electrónico: info@fundacionuscdeportiva.org
Enderezo: Edificio FEUGA (despacho 3). Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela

Renuncia á praza e devolución de ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.
Información en cumprimento da normativa de protección de datos persoais

Os seus datos persoais serán usados para a nosa relación e poder prestarlle os nosos servizos. Ditos datos son necesarios para poder relacionarnos con vostede, o que nos permite o uso da súa información persoal dentro da legalidade. Así mesmo, tamén poden ser usados para outras actividades, como enviarlle publicidade ou promocionar as nosas actividades.

Só o persoal da nosa entidade que estea debidamente autorizado poderá ter coñecemento da información que lle pedimos. Así mesmo, poderán ter coñecemento da súa información aquelas entidades que precisen ter acceso á mesma para que poidamos prestarlle os nosos servizos. Igualmente, terán coñecemento da súa información aquelas entidades públicas ou privadas ás cales esteamos obrigados a facilitar os seus datos persoais con motivo de cumprimento dalgunha lei.

Conservaremos os seus datos durante a nosa relación e mentres nos obriguen as leis. Unha vez finalizados os prazos legais aplicables, procederemos a eliminalos de forma segura.

En calquera momento pode dirixirse a nós para saber que información temos sobre vostede, rectificala si fose incorrecta e eliminala unha vez finalizada a nosa relación, no caso de que sexa legalmente posible. Tamén ten dereito a solicitar o traspaso da súa información a outra entidade. Para solicitar algún destes dereitos, deberá realizar unha solicitude escrita ao noso enderezo, xunto coa fotocopia do seu DNI, para poder identificarlle: FUNDACIÓN USC DEPORTIVA, LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N, EDIF. FEUGA, 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA.

No caso de que entenda que os seus dereitos foron desatendidos pola nosa entidade, pode formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.