Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Actividade especial de sendeirismo na ponte das Letras Galegas

17 ao 19 de maio
A actividade desenvolverase do 17 ao 19 de maio e consistira en tres rutas con percorridos de 12 e 18 quilómetros tomando como campamento base Viana do Castelo

A idea é facer tres rutas, que oscilan entre os 12 e 18 km. Unha sería pola costa, outra polo último treito do río Lima antes da súa desembocadura no atlántico e outra cara o monte.

As rutas serán en xeral de dificultade media, aínda así, hai que ter un bo estado de forma e estar afeito á práctica do sendeirismo.

Aproveitaremos a ocasión tamén para coñecer Viana do Castelo e diferentes puntos de interese da zona.

  • Datas: do 17 ao 19 de maio
  • Lugar: Viana do Castelo, Portugal
  • Saída: día 17, venres, ás 9 h., diante da piscina universitaria
  • Regreso: día 21, domingo, ás 20 h. aprox.
  • Aloxamento: Estaremos aloxados en Viana do castelo, no hotel Ralí Viana, en réxime de media pensión, polo que tendes que levar a comida para os días das rutas.

A mediados de abril, logo de ir preparar as rutas, daremos información máis precisa sobre os percorridos que fagamos.