Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Verán CampUSC 2019

Do 24 ao 28 de xuño; do 1 ao 12 de xullo; do 15 ao 19 de xullo; do 22 ao 31 de xullo; e 2 ao 10 de setembro de 2019.
O programa Verán CampUSC 2019 está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolta no periodo de verán que permita a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste periodo así como aquelas persoas que aínda non tendo vinculación coa comunidade universitaria precisen desta actividade de conciliación (público xeral).

Este programa está organizado pola Fundación USC Deportiva e colaboran a Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos da USC e, por cuarto ano consecutivo, o Concello de Santiago de Compostela a través da Concellería de Igualdade. Así mesmo, coma en anos anteriores, continuarán a colaborar a Oficina de Igualdade de Xénero e o Servizo de Deportes da USC.

Bases do Verán CampUSC 2019

Listas definitivas de persoas admitidas

Formulario de inscrición

As persoas admitidas no periodo de pre-inscrición poderán formalizar a súa praza ata o 2 de xuño.

Como novidade con respecto ás últimas edicións do Verán CampUSC, todas as persoas, aínda que xa cubriran o formulario de pre-inscrición, deben cubrir o formulario de inscrición.

Pagamento

Destinatarios/as

O programa está dirixido aos nenos e nenas entre 3 e 13 anos de idade1, fillos/as de:

  • Persoal da USC
  • Estudantado da USC
  • Público en xeral
  • Persoal da Fundación USC Deportiva
  • Asistentes a congresos e cursos de verán da USC2

1 Os nenos e nenas de 3 anos de idade deberán telos cumplidos no momento de comezar na actividade.

2 As persoas inscritas nos cursos de verán da USC poderán solicitar a asistencia ao programa nos días en que se desenvolva o curso/s no que estea matriculado ou matriculada.

Horario e lugar do Programa   

O programa terá lugar de luns a venres (agás festivos) de 8:45 a 14:45 horas, polo que a responsabilidade do control e coidado dos participantes polos monitores e monitoras responsables comprenderá esa franxa horaria.O Verán CampUSC 2019 está dividido nas seguintes quendas:

Quendas

Duración

1ª quenda

Do 24 ao 28 de xuño de 2019

2ª quenda

Do 1 ao 12 de xullo de 2019

3ª quenda

Do 15 ao 19 de xullo de 2019

4ª quenda

Do 22 ao 31 de xullo de 2019

5ª quenda

Do 2 ao 10 de setembro de 20193

O programa Verán CampUSC 2019 desenvolverase no Campus Vida de Santiago de Compostela nas instalacións deportivas da USC e noutras acordadas segundo as actividades planificadas. A organización dos grupos dependerá do número de nenos e nenas inscritos e inscritas.

Establécese como lugar de chegada e saída das persoas participantes o Pavillón Polideportivo Universitario, sito na rúa Joaquín Díaz de Rábago s/n.

3 A data definitiva de remate desta quenda adaptarase unha vez sexa aprobado o calendario do curso escolar 2019/2020 en Educación Infantil e Primaria