Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Xornada intensiva de Mindfulness-Meditación

6 de abril de 2019
A Fundación USC Deportiva celebrará o día 6 de abril unha xornada intensiva de Mindfulness-Meditación. O modelo empregado é o do Mindfulness Day que están a poñer en marcha moitas Empresas e Institucións para aplicar aos espazos de traballo.

En que consiste unha xornada intensiva de Mindfulness-Meditación?

Consiste na práctica, de maneira compartida e en silencio, do Mindfulness e da Meditación, repartida en oito horas. A aplicación práctica, que recolle distintas tradicións meditativas, irá acompañada, igualmente, de pequenas nocións introductorias.

A quén vai dirixido?

Esta xornada vai dirixida a todas aquelas persoas, de calquera idade, que xa teñan meditado ou teñan interese en coñecer os beneficios da práctica meditativa para a saúde corpo-mente, para diminuir a ansiedade ou o estrés da vida diaria, ou para aproximarse a un coñecemento interior da persoa, entre outros.

Que material preciso levar?

A sala estará provista de sillas para aqueles/as participantes que así o desexen. Quen dispoña de Zafu, Zafutón, esterilla ou banco de meditación, sería recomendable que os levase consigo, aínda que a organización pode achegar esterillas. Tamén sería apropiado levar unha pequena manta para cubrirse, así como roupa cómoda e auga.

Quen dirixirá esta xornada?

O Profesor da Fundación USC Deportiva, Amancio Rial Bouza, será o encargado de dirixir a práctica. Rial é o profesor de actividades como Mindfulness, Tai Chi, Chi Kung e Kung Fu.

Data e horario

Sábado, 6 de abril de 2019

De 9:00 a 13:30 h e de 15:00 a 19:30 h.

Lugar de celebración

Residencia Universitaria Monte da Condesa
Campus Vida, s/n. Santiago de Compostela

Prezo

  • Sen comida: 45 €
  • Con comida: 50,70 €

Número de prazas

O curso contará cun máximo de 12 prazas e un mínimo de 6. En caso de non acadarse o mínimo establecido procederase á anulación do curso e á devolución das taxas aboadas.

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de 16 anos que o desexe. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva. No caso de que o día 20 de marzo non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado ao mínimo de persoas inscritas nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A inscrición considerarase feita unha vez cuberto o formulario on line unha vez que se teña  recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento a través da nosa páxina web non é preciso enviar este xustificante).

É obrigatorio enviar tamén por correo electrónico a info@fundacionuscdeportiva.org a cláusula informativa cuberta e asinada.

Forma de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  • 1. On line
  • 2. Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.
  • Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
  • Abanca: ES07 2080 0388 2730 4000 0932
  • Correo electrónico: info@fundacionuscdeportiva.org
  • Enderezo: Edificio FEUGA (despacho 3). Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela

Renuncia á praza e devolución de ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Información en cumprimento da normativa de protección de datos personais

Os seus datos persoais serán usados para a nosa relación e poder prestarlle os nosos servicios. Ditos datos son necesarios para poder relacionarnos con vostede, o que nos permite o uso da súa información persoal dentro da legalidade. Así mesmo, tamén poden ser usados para outras actividades, como enviarlle publicidade ou promocionar as nosas actividades.

Só o persoal da nosa entidade que estea debidamente autorizado poderá ter coñecemento da información que lle pedimos. Así mesmo, poderán ter coñecemento da súa información aquelas entidades que precisen ter acceso á mesma para que poidamos prestarlle os nosos servicios. Igualmente, terán coñecemento da súa información aquelas entidades públicas ou privadas ás cales esteamos obrigados a facilitar os seus datos persoais con motivo de cumprimento dalgunha lei.

Conservaremos os seus datos durante a nosa relación e mentres nos obriguen as leis. Unha vez finalizados os prazos legais aplicables, procederemos a eliminalos de forma segura.

En calquera momento pode dirixirse a nós para saber que información temos sobre vostede, rectificala si fose incorrecta e eliminala unha vez finalizada a nosa relación, no caso de que sexa legalmente posible. Tamén ten dereito a solicitar o traspaso da súa información a outra entidade. Para solicitar algún destes dereitos, deberá realizar unha solicitude escrita ao noso enderezo, xunto coa fotocopia do seu DNI, para poder identificarlle: FUNDACIÓN USC DEPORTIVA, LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N, EDIF. FEUGA, 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA.
No caso de que entenda que os seus dereitos foron desatendidos pola nosa entidade, pode formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.