Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Xornada formativa sobre prevención de accidentes de montaña e pautas de actuación

PRAZAS CUBERTAS. INSCRICIÓN PECHADA
Actividade de formación para deportistas interesados e interesadas en coñecer os riscos nas actividades de montaña e saber como desenvolverse en situacións de urxencia.

Inscrición pechada: Esta actividade ten todas as prazas de matrícula cubertas.

 

Destinatarios

Deportistas interesados e interesadas en coñecer os riscos nas actividades de montaña e saber como desenvolverse en situacións de urxencia.

Obxectivos

  • Adquirir coñecementos básicos sobre prevención de accidentes e riscos en montaña.
  • Coñecer as pautas de actuación en situacións de urxencia no medio natural.

Contidos

  • Perigos obxectivos e subxectivos na montaña
  • Prevención de accidentes e riscos
  • Primeiros auxilios máis habituais en montaña:
  • SVB. RCP
  • Botiquín para actividade
  • Golpes e traumatismos
  • Feridas leves
  • Hemorraxias
  • Desmaios, perdas de coñecemento
  • Hipotermia
  • Golpe de calor
  • Picaduras e mordeduras de animais

Docente

Antonio Rodríguez Pena é diplomado en Enfermería pola USC e Técnico Deportivo Nivel II en Escalada e Alta Montaña polo Consejo Superior de Deportes. Ademais da formación universitaria, leva feito infinidade de cursos relacionados coa enfermería e a saúde.

Forma parte da Escola Galega de Alta Montaña (que dirixíu entre 2006 e 2010) dende 1994, impartindo numerosos cursos formativos relacionados cos primeiros auxilios e o rescate na montaña, entre outros. Na actualidade traballa como DUE na Unidade de Medicina Interna do CHUVI.

Data de realización

11 de abril de 2019

Horario

16:30 a 20:30 h.

Lugar

Aula de formación da Biblioteca Concepción Arenal.
Rúa dos Feáns, s/n. Campus Vida, Santiago de Compostela

Prezo

30 €

Número de prazas

  • Mínimo: 8
    Máximo: 15

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de 16 anos que o desexe. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva. No caso de que o día 8 de abril non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado ao mínimo de persoas inscritas nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A inscrición considerarase feita unha vez cuberto o formulario on line e unha vez que se teña  recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento a través da nosa páxina web non é preciso enviar este xustificante).

É obrigatorio enviar tamén por correo electrónico a info@fundacionuscdeportiva.org esta cláusula informativa cuberta e asinada.

Forma de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  • 1. On line
  • 2. Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.
    • Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
    • Abanca: ES07 2080 0388 2730 4000 0932
  • Correo electrónico: info@fundacionuscdeportiva.org
  • Enderezo: Edificio FEUGA (despacho 3). Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela

Renuncia á praza e devolución dos ingresos

As cantidades pagadas só serán devolvidas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Información en cumprimento da normativa de protección de datos personais

Os seus datos persoais serán usados para a nosa relación e poder prestarlle os nosos servizos. Ditos datos son necesarios para poder relacionarnos con vostede, o que nos permite o uso da súa información persoal dentro da legalidade. Así mesmo, tamén poden ser usados para outras actividades, como enviarlle publicidade ou promocionar as nosas actividades.

Só o persoal da nosa entidade que estea debidamente autorizado poderá ter coñecemento da información que lle pedimos. Así mesmo, poderán ter coñecemento da súa información aquelas entidades que precisen ter acceso á mesma para que poidamos prestarlle os nosos servizos. Igualmente, terán coñecemento da súa información aquelas entidades públicas ou privadas ás cales esteamos obrigados a facilitar os seus datos persoais con motivo de cumprimento dalgunha lei.

Conservaremos os seus datos durante a nosa relación e mentres nos obriguen as leis. Unha vez finalizados os prazos legais aplicables, procederemos a eliminalos de forma segura.

En calquera momento pode dirixirse a nós para saber que información temos sobre vostede, rectificala si fose incorrecta e eliminala unha vez finalizada a nosa relación, no caso de que sexa legalmente posible. Tamén ten dereito a solicitar o traspaso da súa información a outra entidade. Para solicitar algún destes dereitos, deberá realizar unha solicitude escrita ao noso enderezo, xunto coa fotocopia do seu DNI, para poder identificarlle: FUNDACIÓN USC DEPORTIVA, LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N, EDIF. FEUGA, 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA.
No caso de que entenda que os seus dereitos foron desatendidos pola nosa entidade, pode formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.