Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

VI Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

Data límite de recepción de orixinais: 10 de decembro de 2018
A Fundación USC convoca o VI Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva. A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte. A data límite de recepción dos orixinais será o 10 de decembro de 2018. Consulta as bases » »

BASES

  • 1. Poderán participar todos aqueles nenos e nenas nados entre os anos 2006 e 2015 (ambos incluídos).
  • 2. Cada participante poderá presentar un só traballo. Este debe realizarse en cartolina tamaño DIN-A4 por unha soa cara e poderase utilizar calquera técnica de debuxo, pintura ou collage. Os traballos non se poderán presentar enmarcados nin suxeitos con ningún tipo de soporte.
  • 3. A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte. No caso de levar texto (non é obrigatorio), deberá ser en galego.
  • 4. Valorarase a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos nenos e nenas, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática indicada.
  • 5. Outorgarase un único premio. Este será nominal e non será transferible a outra persoa.
  • 6. O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2019 e un vale de 100 € para canxear por material deportivo. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación USC Deportiva. Na mesma figurará o nome do gañador ou gañadora.
  • 7. O xurado poderá outorgar un accésit cuxo premio consistirá nun pequeno lote de libros.
  • 8. Os traballos presentaranse nun sobre pechado. No exterior do sobre indicarase “VI Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva”. No interior, acompañando á postal, incluirase un sobre pequeno pechado coa folla de inscrición que acompaña a estas bases no seu interior. Na parte posterior da postal debe indicarse a idade da persoa participante, pero nunca o seu nome.
  • 9. As postais deberán entregarse na sede da Fundación USC Deportiva, ben de maneira presencial ou enviándoas por correo. O enderezo é: Edificio FEUGA (despacho 3), rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela.
  • 10. A data límite de recepción dos orixinais será o 10 de decembro de 2018.
  • 11. O fallo do xurado farase público o 17 de decembro de 2018 na web da Fundación USC.
  • 12. O acto de entrega do premio comunicaráselle oportunamente por escrito ao gañador ou gañadora.
  • 13. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
  • 14. A decisión do xurado cualificador será inapelable.
  • 15. O xurado estará composto por:
    • Un membro do padroado da Fundación USC Deportiva ou persoa en quen delegue.
    • Unha persoa experta en arte.
    • Unha persoa en representación da Oficina da Igualdade de Xénero da USC.
    • Unha persoa en representación da Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos da USC ou persoa en quen delegue
    • Unha persoa en representación da Fundación USC Deportiva
  • 16. Non poderán participar neste concurso os familiares de ata segundo grao dos membros do xurado.
  • 17. Os pais, nais ou representantes legais de todos os participantes, sexan finalmente gañadores ou non, autorizan á Fundación USC Deportiva a publicar todas as obras cedidas, sen que poidan utilizarse para ningunha outra actividade non relacionada co concurso, sen límite temporal ou xeográfico.
  • 18. Os pais, nais ou representantes legais de todos os participantes, ceden así mesmo á Fundación USC Deportiva da mesma forma e coa mesma extensión, o dereito de transformación mediante calquera modificación na súa forma, incluíndo a autorización para a creación de obras compostas.
  • 19. Os dereitos cedidos antes indicados poderán exercitarse sobre a totalidade ou parte da obra, sen ningún tipo de limitación.
  • 20. As cesións anteriores enténdense realizadas a título gratuíto.
  • 21. Os pais, nais ou representantes legais dos participantes manifestan e garantirán que as obras e a cesión que ten lugar como consecuencia da participación no concurso non infrinxen dereitos de terceiros, en particular, non infrinxen dereitos de propiedade intelectual ou industrial, dereitos sobre a propia imaxe, dereitos sobre os datos persoais, nin son contrarios á lei nin aos bos costumes; e que manterán indemne á Fundación USC Deportiva e calqueira terceiro que actúe por encargo de estes por calquera reclamación da que sexa obxecto por dita causa.
  • 22. A Fundación USC Deportiva resérvase o dereito de non publicar calquera obra cuxo contido non estea relacionado co concurso e/ou coa temática do concurso ou calquera obra cuxa autoría se sospeite que non sexa do participante rexistrado.
  • 23. A Fundación USC Deportiva resérvase o dereito a modificar en calquera momento as condicións do concurso, incluso a súa posible anulación antes do prazo prefixado, sempre que concorra causa xusta, comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións do concurso ou a anulación definitiva.
  • 24. Participar neste concurso conleva a aceptación íntegra destas bases. A Fundación USC Deportiva resérvase o dereito de non permitir a participación de calquera persoa cando estime que a mesma realiza un mal uso ou uso fraudulento deste concurso, mediante calquera procedemento técnico, informático ou doutro tipo.