Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Primeiras xornadas sobre a organización e xestión de entidades deportivas. Universidade de Verán da USC 2018

29, 30 de xuño e 1 de xullo.
No marco da Universidade de Verán da USC 2018 celébranse as Primeiras xornadas sobre a organización e xestión de entidades deportivas entre o 29 de xuño e o 1 de xullo. O prazo de matrícula ábrese desde o día 9 de maio até o 15 de xuño.

Onde inscribirse

Lugar de celebración

Casa Dopeso. As Pontes de García Rodríguez.

Número de horas lectivas

19

Límite de alumnos

100

Programa

Día 29 de xuño

  • 15:30-16:00 h. Recollida de documentación.
  • 16:00-16:15 h. Inauguración do curso.
  • 16:15-17:45 h. Obradoiro sobre a elaboración dun Plan de Seguridade. Especial énfase en eventos deportivos organizados por Entidades Locais. Relator: David Fabeiro Agraso. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Posgrao de Experto Universitario en Seguridade de Instalacións e Eventos Deportivos pola UCLM. Colexiado 54.028.
  • 18:00-20:00 h. Futuro inmediato das federacións deportivas autonómicas, nacionais e internacionais. Perspectivas de cambio co novo proxecto de Lei do Deporte. Relator: Emilio García Silvero. Ex-director do Departamento xurídico da Real Federación Española de Fútbol e actualmente é o director do Departamento de Integridade da UEFA.

Día 30 de xuño

  • 10:00-12:00 h. A xestión económico-financeira máis eficiente segundo a tipoloxía da entidade e as ferramentas de control. Relator: José González-Dans Vázquez. Director xeral corporativo R.C. Deportivo de La Coruña e profesor asociado IESIDE Business Institute.
  • 12:00-14:00 h. As relacións laborais nas entidades deportivas (adestradores, deportistas, preparadores físicos, etc.). O encaixe do voluntariado e os seguros de responsabilidade civil e de asistencia sanitaria. Cumprimento da Lei de protección do menor. Relator: Óscar Rama. Asesor xurídico do R.C. Deportivo de La Coruña SAD.
  • 16:00-18:00 h. Xurisdición deportiva: a revisión e control dos actos e decisións do ámbito deportivo pola Administración. O Tribunal Administrativo do Deporte e o Comité Galego de Xustiza Deportiva. Futuro da xustiza deportiva. Relatora: Cristina Pedrosa Leis. Vogal do Tribunal Administrativo do Deporte e ex-membro do Comité Galego de Xustiza Deportiva.
  • 18:00-20:00 h. Patrocinio deportivo. Exemplo dun caso de éxito (Estrella Galicia). Que buscan as empresas para expandir a súa imaxe de marca. Relator: José Villanueva Penas. Sponsorship Manager en Hijos de Rivera SAU.

Día 1 de xullo

  • 10:00-12:00 h. Novas tecnoloxías aplicadas á xestión deportiva. Ferramentas para os xestores deportivo. Relatora: Leonor Gallardo. Profesora titular da UCLM (acreditada a catedrática). Investigadora principal do Grupo IGOID e CEO de IGOID SPORTEC. Colexiada 16.475.
  • 12:00-14:00 h. Liderado e talento na xestión do deporte. Relatora: Leonor Gallardo. Profesora titular da UCLM (acreditada a catedrática). Investigadora principal do Grupo IGOID e CEO de IGOID SPORTEC.  Colexiada 16.475.
  • 15:30-18:30 h. Criterios organizativos de eventos deportivos no medio natural: sustentabilidade (Eventos Eco). Relator: Miguel Rodríguez. Director técnico Fundación Deporte Galego-Xunta de Galicia.
  • O turismo deportivo como fórmula de posicionamento dun destino. Relator: Guti Martín. Xerente Sherpa Project. Consultores en Turismo e Deporte.
  • 18:30-19:00 h. Acto de clausura e entrega de diplomas.

Matrícula

  • Taxa xeral: 70 €
  • Taxa reducida: 40 €

Obrigatoriedade de subscribir seguro de accidentes e asistencia en viaxe (16€) para o que non estea cuberto polo seguro escolar.

Prazo de matrícula

9 de maio ao 15 de xuño.

Recoñecemento de 1 crédito ECTS

Centros de Información e matriculación

Campus de Compostela

Área de Cultura- Casa da Balconada
Rúa Nova, 6
Teléfonos: 881 81 10 18 - 881 81 11 03

Campus de Lugo

Área de Cultura- Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
Teléfono: 982 82 15 13
cursosdeveran@usc.es
www.usc.es/cultura/veran

Fundación USC Deportiva

Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n
Edicio Feuga. Despacho 3. Santiago de Compostela
Teléfono: 881 97 53 99
www.fundacionuscdeportiva.org
www.facebook.com/fundacionuscdeportiva/@USCdeportiva
info@fundacionuscdeportiva.org