Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

II Curso Monográfico de Tai Chi e Chi Kung

Sábado 18 de novembro
O tai chi chuan, comunmente chamado tai chi, é unha antiga arte marcial de orixe chinesa, practicada na actualidade en todos os rincóns do mundo e recoñecida polos seus beneficios para a saúde integral das persoas. Esta arte de perfil psicofísico, ao igual que o Ioga, entre outras disciplinas orientais, chegou a Occidente non só para construír o seu propio contexto, senón tamén para adaptarse á nosa cultura.

Os antigos mestres chineses concebían o tai chi como a arte suprema para manter a saúde ou, nos seus termos, o correcto fluxo de enerxía “chi” ao longo dos meridianos e dos distintos órganos. O seu carácter relaxado e meditativo fai que esta disciplina obteña moi bos resultados a nivel mental, de equilibrio emocional e enerxético. Deste xeito, o tai chi é moi efectivo para todo tipo de persoas, independientemente da súa idade ou formación física. Por exemplo, o tai chi resulta de grande utilidade para persoas de idade avanzada, con debilidade, ou enfermas, que recuperan o seu benestar polos movementos lentos e precisos. Por outra banda, cando se orienta a deportistas profesionais, permite mellorar o seu rendemento ou complementar os seus adestramentos.

Por último, existen numerosos estudos científicos que avalan a eficacia do tai chi como terapia para tratar dolencias como o párkinson, reuma, artrose, enfermedades dexenerativas,  estrés, ansiedade ou depresión.

Obxectivos

  • Achegarse á cultura e ás diferentes visións que certas disciplinas orientais teñen sobre  o corpo e a mente.
  • Coñecer algunhas das técnicas de respiración, meditación e relaxación.
  • Fundamentar un correcto movemento baseado nas ideas chinesas do yin e do yan, o desprazamento circular e a adecuada posición do corpo.
  • Adquirir as ferramentas necesarias para acadar e manter un estado saudable físico-mental ao longo da nosa vida.

Contidos

Chi Kung

1. Técnicas de automasaxe.
2. Técnicas de estimulación de puntos de acupuntura.
3. Técnicas de respiración.
4. Técnicas de control mental.

Tai Chi

1. Introdución ao movemento circular continuo.
2. Formas “Tao Lu” básicas.
3. Respiración, concentración e meditación en movemento.
4. Circulacion da enerxía ou Chi a través do corpo.

Meditación

1. Meditación en pé “Zhan Zhuang”.
2. Meditación do movemento inducido “Zi Fa Kung”.
3. Meditación tumbada taoísta “Wu Chi”.
4. Meditación sentada budista “Chan ou Zen”.


Se o tempo acompaña, algunha das sesións realizarase no exterior.

Profesor: Amancio Rial Bouza

Amancio Rial Bouza (Vigo, 1966) leva máis de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e posteriormente na Fundación USC deportiva. Asimesmo, realizou  seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Dende hai cinco anos dirixe as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesora aos traballadores en cuidados da saúde. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento.  Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación.

Data e horario de realización

Sábado 18 de novembro de 2017

De 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30 horas.

Lugar

Aula de Ensaios da Residencia Universitaria Monte da Condesa
Campus Vida, s/n (Santiago de Compostela)

Prezo

  • 40 € (sen comida)
  • 45,70 € (con comida incluida no Restaurante Monte da Condesa)

Para aquelas persoas que se queden a comer, unha vez rematada a comida e antes de comezar a quenda da tarde do curso, realizarase unha pequena sesión de introdución ao Mindfulness.

Número prazas

O curso contará cun máximo de 12 prazas e un mínimo de 6. En caso de non acadarse o mínimo establecido procederase á anulación do curso e á devolución das taxas aboadas.

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de 16 anos que o desexe xa que non é necesaria experiencia previa. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva. No caso de que o día 15 de novembro non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado ao mínimo de inscritos nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A inscrición considerarase feita unha vez cuberto este formulario on line e unha vez que se teña  recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento on line non é preciso enviar este xustificante).

Forma de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  1. On line
  2. Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado, correo postal ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.
  • Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
  • Abanca:  ES07 2080 0388 2730 4000 0932

Correo electrónico: info@fundacionuscdeportiva.org
Enderezo: Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

Material necesario

Os participantes na actividade deben levar calzado cómodo, unha pequena manta e auga.

Renuncia á praza e devolución de ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Protección e seguridade dos datos

Informamos que os datos persoais que se faciliten serán incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación USC Deportiva, ao abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co fin de xestionar as actividades e difusión dos eventos organizados pola Fundación, sabendo que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante unha petición escrita dirixida á Fundación USC Deportiva, Edificio FEUGA (Despachos 2 e 3), Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela.

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.