Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Verán Campus 2017

Do 26 ao 30 de xuño, do 3 ao 14 de xullo, do 17 ao 21 de xullo, do 24 ao 31 de xullo, e do 1 ao 8 de setembro.
O programa Verán CampUSC 2017 está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolta no período de verán que permita a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste período así como aquelas persoas que aínda non tendo vinculación coa comunidade universitaria precisen desta actividade de conciliación (público en xeral).

Este programa está organizado pola Fundación USC Deportiva a solicitude da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC. Nesta edición, e por segundo ano consecutivo, o programa contará coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela a través da Concellería de Igualdade. Así mesmo, coma en anos anteriores, continuarán a colaborar a Oficina de Igualdade de Xénero e o Servizo de Deportes da USC.

Neste proxecto amosarémoslles aos participantes as bases dunha importante cantidade de xogos e deportes, atendendo as súas idades e desenvolvemento psíquico-físico. A práctica de actividades físico- deportivas non é boa só a nivel de saúde senón tamén para inculcar dun xeito lúdico os valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, dedicación e respecto ás normas que sen dúbida resultarán de utilidade para a vida cotiá.

Destinatarios/as

O programa está dirixido aos nenos e nenas entre 3 e 13 anos de idade1, fillos/as de:

  • Persoal da USC
  • Estudantado da USC
  • Público en xeral
  • Persoal da Fundación USC Deportiva
  • Asistentes a congresos e cursos de verán da USC2
_______________
1 Os nenos e nenas de 3 anos deberán telos cumpridos no momento de comezar na actividade. 

2 As persoas inscritas nos cursos de verán da USC poderán solicitar a asistencia ao programa nos días en que se desenvolva o curso no que estea matriculado ou matriculada. 


Horario e lugar

O programa terá lugar de luns a venres (agás festivos) de 08:45 h. a 14:45 horas, polo que a responsabilidade do control e coidado dos participantes polos monitores e monitoras responsables comprenderá esa franxa horaria.

Nesta edición viaxarase unha vez por quenda ao Aquapark de Cerceda. A data concreta da saída será publicada a semana anterior, puidendo ser modificada posteriormente tendo en conta a previsión metereolóxica. Nas xornadas de Aquapark, a hora de entrada na actividade non se modifica pero a hora de recollida dos nenos e nenas será ás 17:45 h.

O Verán CampUSC 2017 está dividido nas seguintes quendas:

  • 1a: Do 26 de xuño ao 30 de xuño de 2017
  • 2a: Do 3 ao 14 de xullo de 2017
  • 3a: Do 17 ao 21 de xullo de 2017
  • 4a: Do 24 ao 31 de xullo de 2017
  • 5a: Do 1 ao 8 de setembro de 20173

_____________

3 A data definitiva de remate desta quenda adaptarase unha vez sexa aprobado o calendario do curso escolar 2017/18 en Educación infantil e Primaria.


O programa Verán CampUSC 2017 desenvolverase no Campus Vida de Santiago de Compostela nas instalacións deportivas da USC ou noutras acordadas segundo as actividades planificadas.

A organización dos grupos dependerá do número de nenas e nenos inscritos e inscritas.

Establécese como lugar de chegada e saída das persoas participantes o Pavillón Polideportivo Universitario, sito na rúa Joquín Díaz de Rábago s/n.

Cancelación do Verán CampUSC 2017

O Verán CampUSC 2017 desenvolverase se houbera unha demanda suficiente de participantes que poida garantir o éxito da actividade tanto en termos económicos como deportivo-educativos e de lecer. De non seres así, poderíase cancelar a actividade na súa totalidade, ou só nas quendas onde non houbera demanda suficiente. Nese caso devolveríanse as cotas pagadas polos solicitantes.

Número de prazas

As prazas ofertadas serán 100 por quenda. Destas 100 prazas, 70 estarán reservadas á comunidade universitaria (persoal da USC e estudantado da USC) e persoal da Fundación USC Deportiva e 30 ao público xeral (familias sen vinculación coa comunidade universitaria).

Cando as prazas demandadas nunha quenda sexan superiores ás ofertadas, aplicaranse os criterios que se establecen no apartado seguinte destas bases.

A Fundación USC Deportiva garantiza unha adecuada organización do programa en condicións óptimas para o número de prazas totais.

Preinscrición e procedemento de admisión

Dende o 26 de abril ao 10 de maio de 2017 estará aberto o período de preinscrición para todo tipo de solicitantes. A preinscrición farase cubrindo este cuestionario on line.

En caso de haber máis solicitudes por quenda que prazas dispoñibles, utilizarase o seguinte criterio de selección:

  1. Familias solicitantes con maior número de días totais nos que se inscribe.
  2. Familias con maior número de fillos e fillas inscritos e inscritas.
  3. Cando haxa máis solicitudes que prazas estando inscritas no mesmo número de días/fillos, terán preferencia as familias numerosas e as monoparientais.
  4. Número total de quendas nas que participou a familia nas edicións do Verán CampUSC de 2015 e 2016.
  5. No caso de haber un grupo de solicitantes en igualdade de condicións para os que as prazas libres dispoñibles non sexan suficientes, ditas prazas serán adxudicadas por sorteo.

O 12 de maio, como data límite, publicaranse, na web da Fundación USC Deportiva e no seu taboleiro de anuncios, as listas de admitidos e admitidas en cada quenda.

A Comisión de Seguimento do programa resolverá aquelas cuestións que na organización e distribución de prazas puideran xurdir sobre a interpretación das bases máis calquera outra cuestión que pola súa índole precise dalgunha resolución.

Esta Comisión está composta por:

  • Representante da comunidade universitaria no Padroado da Fundación USC Deportiva
  • Xerente da Fundación USC Deportiva
  • Representante da Oficina de Igualdade de Xénero da USC 


A Fundación USC Deportiva resérvase o dereito de admisión e de exclusión temporal ou definitiva dos nenos e nenas que se comporten de forma incorrecta ou que os seus pais, nais ou titores non respecten estas bases e as normas básicas de convivencia e colaboración. Antes de tomar unha decisión, daráselle sempre audiencia aos pais, nais ou titores dos menores. 


Os nenos e nenas que acudan ao Verán CampUSC 2017 deberán ter adquiridos os hábitos de educación e coñecemento adecuados a súa idade (respecto aos monitores e monitoras, coidado do material, hábitos hixiénicos, etc.). De non ser así, o esforzo dos monitores e monitoras estará encamiñado a informar aos pais, nais ou titores e titoras deste feito para realizaren a adecuada labor educativa conxunta. 


A Comisión de Seguimento poderá solicitar documentación acreditativa aos destinatarios.

Inscrición

Os admitidos e admitidas no período de preinscrición poderán formalizar a súa praza efectuando o pagamento dende o momento da publicación das listas ata o 28 de maio.

No caso de que o número de preinscricións de comunidade universitaria nalgunha quenda fose inferior a 70, ou inferior a 30 no caso do público xeral, quedará aberto tamén neste momento o prazo de inscrición para quen non teña feita preinscrición, ata cubrir as prazas vacantes.

O 24 de maio comunicarase a través da web en que quendas quedan prazas dispoñibles. A partir dese momento as prazas, abertas a todos os públicos, iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

Os inicialmente admitidos no período de preinscrición que non formalicen a praza antes do 28 de maio, perderán a súa reserva de praza e só poderán inscribirse posteriormente no caso de que aínda houbera prazas libres.

As listaxes de persoas admitidas elaboraranse tendo en conta a preinscrición feita. No caso de que finalmente desexe inscribirse –en menos quendas ou a menos fillos/as das que figuren na presinscrición, debe consultarse previamente á Fundación xa que podería modificarse a súa situación nas listaxes e pasar á lista de agarda.

Formas de formalización da inscrición

As persoas que teñan feita a preinscrición non deberán cubrir o formulario de inscrición, independentemente de que a faga de forma presencial ou a través da páxina web.

Páxina web

A través da páxina web da Fundación USC Deportiva poderá cubrir e enviar o formulario de inscrición, e efectuar o pagamento online da cota correspondente atendendo ao número de nenos e nenas que inscriba e as quendas ás que asistan. Unha vez feito isto, haberá que entregar a seguinte documentación:

  • Copia das páxinas do Libro de Familia onde figura a data de nacemento do neno ou nena e o nome do/a proxenitor/a que figura na solicitude.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena (só no caso de non tela entregada nas edicións de 2015 ou 2016).
  • Fotocopia do DNI do neno ou nena (se ten e só no caso de non tela entregada nas edicións de 2015 ou 2016).
  • Autorizacións asinadas.
  • Unha fotografía tipo carné co nome do rapaz ou rapaza escrito pola parte traseira
  • Copia da matrícula no congreso ou curso de verán, para fillos e fillas de asistentes. 


Esta documentación deberá entregarse na sede da Fundación USC Deportiva ben de maneira presencial, por correo postal ou escaneada, polo menos unha semana antes do primeiro día de asistencia do rapaz ou rapaza ao Verán CampUSC, como data límite.

Presencial

Descargue da nosa páxina web o formulario de inscrición (salvo que xa teña cuberto o formulario de preinscrición) e as autorizacións. Cúbraos e entrégueos xunto ao xustificante do pagamento dalgunha das contas bancarias e o resto da documentación na sede da Fundación.

Contas bancarias onde realizar o pagamento:

  • Caixa Rural Galega: IBAN: ES82 3070 0035 2660 6938 4920

  • Abanca: IBAN: ES07 2080 0388 2730 4000 0932

Documentación que se deberá entregar facendo a inscrición de maneira presencial:

  • Folla de inscrición (só se non se fixo preinscrición)
  • Resgardo de ter aboado o custo do programa
  • Copia das páxinas do Libro de Familia onde figura a data de nacemento do neno ou nena e o nome do/a proxenitor/a que figura na solicitude.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena (só no caso de non tela entregada nas edicións de 2015 ou 2016).
  • Fotocopia do DNI do neno ou nena (se ten e só no caso de non tela entregada nas edicións de 2015 ou 2016).
  • Autorizacións asinadas.
  • Unha fotografía tipo carné co nome do rapaz ou rapaza escrito pola parte traseira
  • Copia da matrícula no congreso ou curso de verán, para fillos e fillas de asistentes. 


IMPORTANTE (para para o pago online ou presencial): No concepto do ingreso bancario deberá aparecer o nome e apelidos do rapaz ou rapaza, así como as quendas nas que se inscribe utilizando os seguintes códigos: 


Do 26 de xuño ao 30 de xuño

Q1

Do 3 ao 14 de xullo

Q2

Do 17 ao 21 de xullo

Q3

Do 24 ao 31 de xullo

Q4

Do 1 ao 8 de setembro

Q5

Por exemplo: LARA PÉREZ PÉREZ Q1, Q2, Q5

A sede da Fundación USC Deportiva está no Edificio FEUGA (despacho 3), Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida, 15705, Santiago de Compostela.

O correo electrónico ao que enviar a documentación escaneada é: info@fundacionuscdeportiva.org.

A documentación poderá ser entregada até o 13 de xuño incluído, de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas e de luns a xoves de 16:00 a 19:00 horas.

A partir do 14 de xuño, de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas.

Durante o proceso de inscrición ou preinscrición, a Fundación USC Deportiva poderá solicitar aos pais/nais/titores/as que sinalen que son traballadores ou traballadoras da USC que acrediten dita vinculación de forma documental.

Custo do programa

Os prezos especiais por varias quendas ou varios irmáns só se aplicarán cando se fagan nunha única inscrición. No caso de inscribirse a unha quenda e posteriormente a outra, non se aboará a diferenza senón o prezo completo de ambas quendas. Aplicarase o mesmo no caso de inscribir a varios irmáns.

Prezo unha quenda

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

26-30 de xuño

58

107

154

3-14 de xullo

117

215

308

17-21 de xullo

58

107

154

24-31 de xullo

58

107

154

1-8 de setembro4

70

129

185

4 O prezo da quenda de setembro axustarase en función dos días de duración. Farase público o definitivo unha vez se coñeza a data de comezo do curso escolar 2017-18. De ser menor que o que figura, e no caso en que xa se tiveran feito pagos, reembolsarase a diferenza.

Prezo varias quendas

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

 

X

 

X

174

319

458

X

X

 X

 

217

399

573

X

X

 

X

 

217

399

573

X

X

 

 

X

228

419

601

X

 

X

X

174

319

458

X

 

X

X

174

319

458

 

X

X

X

 

217

399

573

 

X

X

 

X

228

419

601

X

 

X

X

228

419

601

 

X

X

X

174

319

458

X

X

X

X

 

265

488

700

X

X

X

 

X

276

508

728

X

X

 

X

X

276

508

728

X

X

X

X

228

419

601

 

X

X

X

X

276

508

728

Campamento completo

311

572

821

  • O custo po día solto e neno ou nena para asistentes a cursos de verán e congresos da USC: 15 euros. Este prezo só se aplicará os días nos que teña lugar o congreso ou curso de verán no que o pai/nai estea inscrito.

Renuncia á praza e devolución de ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Protección e seguridade de datos

Todos os datos persoais que se facilitan serán tratados con estrita confidencialidade. En virtude da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslles que todos os datos que nos faciliten serán incluídos no/nos ficheiro/s para o seu tratamento coa finalidade de realizar o/os servicio/os por vostede contratados e para manterlle informado das novidades relacionadas con eles así como para a difusión de eventos ou actividades organizados pola Fundación.

Vostede poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición dirixíndose por escrito a FUNDACIÓN USC DEPORTIVA, Edificio Feuga, Despachos 2-3, rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela.

Actividades

A programación de actividades do Verán CampUSC 2017 contempla un amplo abano de actividades: actividades deportivas e de ocio e tempo libre planificadas atendendo a criterios psicopedagóxicos e de perspectiva de xénero.

Algunhas das actividades deportivas que se desenvolverán son: deportes de raqueta, deportes de combate, psicomotricidade, deportes colectivos, sendeirismo, acrosport, xogos predeportivos, xogos populares...

Dentro das actividades de ocio e tempo libre inclúense diferentes obradoiros con diferentes técnicas e materiais (modelaxe, pintura, recortables, papiroflexia...), cancións, xogos cooperativos, actividades en favor da igualdade e visitas a lugares significativos da cidade ou do seu contorno, etc.

Os horarios e a programación das actividades de cada quenda faranse en función das idades dos nenos e nenas e da duración da quenda, polo que non todos os rapaces e rapazas ou en todas as quendas se farán as mesmas actividades.

A programación detallada publicarase na web da Fundación antes do comezo de cada quenda.

A inscrición no programa supón a aceptación e o compromiso destas normas.