O Roteiro comeza diante da Oficina de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar. De ahí pásase á rúa Nova e ao chegar á altura da igrexa de Santa María de Salomé, o grupo desviarase ata a rúa da Caldereiría para acadar a facultade de Xeografía e Historia. Collendo a rúa das Ameas chégase ao Mercado de Abastos para logo baixar á rúa da Virxe da Cerca. Súbese despois pola rúa de San Pedro ata chegar á súa igrexa e dende aí báixase ao parque de Belvís. Tras percorrelo, e logo de coller a rúa do Olvido e a de Sar, chégase á colexiata de Santa María. Só resta acadar a rúa de Diego Bernal para entrar no Bosque de Galicia a través do cal acadaremos a Cidade da Cultura.
O percorrido será de 5 km, aproximadamente.
Os inscritos terán a ocasión de facer unha visita guiada á exposición “Con-Fío en Galicia”, no Museo Centro Gaiás. As persoas usuarias de Camiño ao Gaiás regresarán de maneira individual cara Compostela para que dispoñan de tempo para visitar a Cidade da Cultura, descansar, ou tomar algo na Cantina.
A hora de inicio da actividade será ás 16:45 horas. A hora de chegada prevista á Cidade da Cultura é ás 18:20 horas.
Fin da actividade ás 19:30 h. aproximadamente ao rematar a visita á exposición.
A actividade terá lugar os seguintes xoves dos meses de xullo, agosto e setembro:
Pode inscribirse calquera persoa que o desexe. Os menores de idade deberán ir acompañados dun titor que igualmente debe inscribirse para a realización da actividade. A actividade non está recomendada para rapaces menores de 10 anos.
O cota máxima de persoas por itinerario será de 25 persoas. En caso de haber máis inscricións que prazas, crearase unha lista de agarda. Respectarase a orde de inscrición.
A hora límite de inscrición será o mesmo día de realización da ruta ás 14:00 horas.
A inscrición nos roteiros pode realizarse preenchendo este formulario on line. PRAZAS CUBERTAS.
No caso dos menores de idade, ademais da inscrición, deberá cubrirse esta autorización e enviala por correo electrónico a: contacto@fundacionuscdeportiva.org, ou entregala presencialmente na sede da Fundación (Edificio FEUGA, despacho 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela).
As persoas participantes seguirán as indicacións dos guías dende que comece a actividade ata que remate.
Non pode participar na actividade ningunha persoa que non estea na lista de participantes admitidos.
Os menores de idade deberán ir acompañados dun titor/a e este será o responsable do menor durante toda a actividade.
Debemos prestar máxima atención ao tráfico rodado cando haxa que cruzar rúas ou estradas.