Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Curso de Iniciación ao Tai Chi e o Chi Kung

Sábados 5 e 12 de marzo de 2016
O tai chi chuan, comunmente chamado tai chi, é unha antiga arte marcial de orixe chinesa, practicada na actualidade en todos os rincóns do mundo e recoñecida polos seus beneficios para a saúde integral das persoas. Esta arte de perfil psicofísico, ao igual que o Ioga, entre outras disciplinas orientais, chegou a Occidente non só para construir o seu propio contexto, senón tamén para adaptarse á nosa cultura.

Os antigos mestres chineses concebían o tai chi como a arte suprema para manter a saúde ou, nos seus termos, o correcto fluxo de enerxía “chi” ao longo dos meridianos e dos distintos órganos. O seu carácter relaxado e meditativo fai que esta disciplina obteña moi bos resultados a nivel mental, de equilibrio emocional e enerxético. Deste xeito, o tai chi é moi efectivo para todo tipo de persoas, independientemente da súa idade ou formación física. Por exemplo, o tai chi resulta de grande utilidade para persoas de idade avanzada, con debilidade, ou enfermas, que recuperan o seu benestar polos movementos lentos e precisos. Por outra banda, cando se orienta a deportistas profesionais, permite mellorar o seu rendemento ou complementar os seus adestramentos.

Por último, existen numerosos estudos científicos que avalan a eficacia do tai chi como terapia para tratar dolencias como o párkinson, reuma, artrose, enfermedades dexenerativas,  estrés, ansiedade ou depresión.

Obxectivos

  • Coñecer os elementos clave dunha sesión de Chi Kung e Tai Chi para iniciarse na práctica.
  • Coñecer os diferentes tipos de Chi Kung e Tai Chi.
  • Obter nocións sobre a aplicación de saúde do Chi Kung e o Tai Chi.
  • Realizar correctamente os dous tipos básicos de respiración.
  • Coñecer as bases da Medicina Tradicional Chinesa.

Contidos

1ª xornada  

Teoría

  • Diferencias entre o chi kung estático e o dinámico
  • Os cinco tipos de Qi Gong
  • A órbita macrocósmica
  • Diferencias entre chi kung e tai chi (Qi Gong e Taiji)
  • A meditación en movemento
  • As tres armonías externas e as tres internas
  • As sete estrelas
  • Historias do Qi Gong (Chi kung) e Tai Chi (Taijiquan)

Chikung estático

  • Táboa básica Saúde, os cinco elementos
  • Taboa para conectar o interior e exterior
  • Eliminar o chi nocivo
  • Os tres tesouros internos (Jing, Chi, Sheng)
  • Posicións estáticas: wu chi, árbore (os tres globos), suxeitar a esfera, a campá de ouro, etc.
  • Os cancioneiros do Tai Chi: nomes poéticos e imaxes de cada movemento e a súa utilidade

Chikung dinámico

  • Táboa básica de saúde de oito exercicios

Tai chi: práctica

  • Forma Yang Curta de 10 movementos
  • Tai chi Tui Shou

2ª xornada

Tai chi: Teoría

  • Wuji, Yin Yang. Xushí, baleiro e cheo
  • Principio da armonía triple externa e interna
  • As trece posturas do Tai chi
  • Os oito tipos de forzas: Peng, Lu, Ji, An, Cai, Li, Zhou, Kao
  • Os cinco tipos de pasos (as cinco portas): Jin, Tui, Gu, Pan, Ding
  • A súa aplicación para a saúde

Chi Kung: Teoría e práctica

  • Wuji. Yin Yang
  • Concepto de saúde dende o Tao
  • Os cinco elementos e os órganos
  • Os vasos principais e os meridianos curiosos
  • Cultivar os tres tesouros do interior do corpo: Jing, Chi, Shen

Táboas

  • Cultivar a enerxía no Tan Tien. Sublimación de Jing en Shen
  • Canalizar a enerxía nos vasos (órbita microcósmica)
  • Utilizar Chi Kung para tratamento de enefermidades
  • Chi Kung de seda, as Oito Pezas
  • Aprender a elixir o propio camiño (Tao) e resolver os conflictos personais
  • Tratamento de diversas enfermidades

Profesor: Carlos Fernández Álvarez (Mestre Lien Shan)

Carlos Fernández, máis coñecido como Mestre Lien Shan, é o Director do Centro Docente e Artístico Vitalia. É mestre de diversas artes marciais (Kung-Fu, Tai Chi, Kendo, Aikido, Kali, Ju-jitsu, Kick Boxing) e ex representante do departamento de Wu-Shu da Universidade de Wu-hang (China). Imparte cursos de técnicas de relaxación e meditación ademais de dedicarse á formación de monitores de artes marciais ou impartir charlas en diversas emisoras de radio. Imparte tamén clases de Pilates, ximnasias suaves, ximnasia para a terceira idade e ioga.

Data e horario de realización

  • Sábados 5 e 12 de marzo de 2016
  • De 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30 horas.

Lugar

Residencia Universitaria Monte da Condesa (Campus Vida, Santiago de Compostela)

Prezo

Existe a posibilidade de incluir no prezo do curso a comida, que terá lugar na cafetería da mesma residencia.

  • Prezo do curso sen comida: 45 €
  • Prezo do curso con comida (1 día): 50,70€
  • Prezo do curso con comida (2 días): 56,40 €

Prazas

O curso contará cun máximo de 15 prazas e un mínimo de 8. En caso de non acadarse o mínimo establecido procederase á anulación do curso e á devolución das taxas aboadas.

Inscrición

Pode inscribirse utilizando este formulario on line calquera persoa maior de 16 anos que o desexe xa que non é necesaria experiencia previa. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva.

No caso de que o día 2 de marzo non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado ao mínimo de inscritos nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A inscrición considerarase feita unha vez cuberto o formulario e unha vez que se teña  recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento on line non é preciso enviar este xustificante).

Formas de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  1. On line
  2. Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado, correo postal ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.
  • Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
  • Novagalicia Banco:  ES07 2080 0388 2730 4000 0932
  • Correo electrónico: contacto@fundacionuscdeportiva.org
  • Enderezo: Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

Material necesario

Roupa cómoda deportiva.

Renuncia á praza e devolución dos ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Protección e seguridade de datos

Informamos que os datos persoais que se faciliten serán incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación USC Deportiva, ao abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co fin de xestionar as actividades e difusión dos eventos organizados pola Fundación, sabendo que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante unha petición escrita dirixida á Fundación USC Deportiva, Edificio FEUGA (Despachos 2 e 3), Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela.

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.