Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Verán Campus 2016

Do 23 de xuño ao 29 de xullo, e do 1 ao 9 de setembro
O programa Verán CampUSC 2016 está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolta no período de verán que permita a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste período así como aquelas persoas que aínda non tendo vinculación coa comunidade universitaria precisen desta actividade de conciliación.

Este programa está organizado pola Fundación USC Deportiva a solicitude da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC. Nesta edición e por primeira vez, o programa contará coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela a través da Concellería de Igualdade. Así mesmo coma en anos anteriores continúan a colaborar a Oficina de Igualdade de Xénero e o Servizo de Deportes da USC.

Neste proxecto amosarémoslles aos participantes as bases dunha importante cantidade de xogos e deportes, atendendo as súas idades e desenvolvemento psíquico-físico. A práctica de actividades físico- deportivas non é boa só a nivel de saúde senón tamén para inculcar dun xeito lúdico os valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, dedicación e respecto ás normas que sen dúbida resultarán de utilidade para a vida cotiá.

Destinatarios/as

O programa está dirixido aos nenos e nenas entre 3 e 13 anos de idade1, fillos/as de:

  • Traballadores e traballadoras da USC
  • Estudantes da USC
  • Público en xeral
  • Traballadores e traballadoras da Fundación USC Deportiva
  • Asistentes a congresos e cursos de verán da USC2
_______________
1 Os nenos e nenas de 3 anos deberán telos cumpridos no momento de comezar na actividade. 

2 As persoas inscritas nos cursos de verán da USC, poderán solicitar a asistencia ao programa nos días en que se desenvolva o curso/s nos que estea matriculado ou matriculada. 


Horario e lugar

O programa terá o seguinte horario: de luns a venres de 08:45 h. a 14:45 h. 


E as seguintes quendas:

  • 1a: Do 23 de xuño ao 1 de xullo de 2016
  • 2a: Do 4 ao 15 de xullo de 2016
  • 3a: Do 18 ao 22 de xullo de 2016
  • 4a: Do 26 ao 29 de xullo de 2016
  • 5a: Do 1 ao 9 de setembro de 20163

_____________

3 A data definitiva de remate desta quenda adaptarase unha vez sexa aprobado o calendario do curso escolar 2016-17 en Educación Infantil e Primaria.


O programa Verán CampUSC 2016 desenvolverase no Campus Vida de Santiago de Compostela nas instalacións deportivas da USC ou noutras acordadas segundo as actividades planificadas.

A organización dos grupos dependerá do número de nenas e nenos inscritos e inscritas.

Establécese como lugar de chegada e saída dos participantes o Pavillón Polideportivo Universitario.


O programa dará comezo ás 08:45 horas, e rematará ás 14:45 horas, polo que a responsabilidade do control e coidado dos participantes polos monitores e monitoras responsables comprenderá esa franxa horaria.

Cancelación do Verán CampUSC 2016

O Verán CampUSC 2016 desenvolverase se houbera unha demanda suficiente de participantes que poida garantir o éxito da actividade tanto en termos económicos como deportivo-educativos e de lecer. De non seres así, poderíase cancelar a actividade na súa totalidade, ou só nas quendas onde non houbera demanda suficiente. Nese caso devolveríanse as cotas pagadas polos solicitantes.

Número de prazas

As prazas ofertadas serán 100 por quenda. Destas 100 prazas, 70 estarán reservadas (ao igual que en edicións anteriores) á comunidade universitaria (persoal da USC, estudantado da USC, etc.) e traballadores da Fundación USC Deportiva e 30 ao público xeral (familias sen vinculación coa comunidade universitaria).

Cando as prazas demandadas nunha quenda sexan superiores ás ofertadas, aplicaranse os criterios que se establecen no apartado seguinte destas bases.

A Fundación USC Deportiva garantiza unha adecuada organización do programa en condicións óptimas para o número de prazas totais.

Preinscrición e procedemento de admisión

Dende o 25 de abril ao 11 de maio de 2016 estará aberto o período de preinscrición para todo tipo de solicitantes. A preinscrición farase cubrindo este cuestionario on line.

En caso de haber máis solicitudes por quenda que prazas dispoñibles, utilizarase o seguinte criterio de selección:

  1. Familias solicitantes con maior número de días totais nos que se inscribe.
  2. Familias con maior número de fillos e fillas inscritos e inscritas.
  3. Cando haxa máis solicitudes que prazas estando inscritas no mesmo número de días/fillos, terán preferencia as familias numerosas.
  4. Número total de quendas nas que participou a familia nas edicións do Verán CampUSC de 2014 e 2015.
  5. No caso de haber un grupo de solicitantes en igualdade de condicións para os que as prazas libres dispoñibles non sexan suficientes, ditas prazas serán adxudicadas por sorteo.

O 13 de maio, como data límite, publicaranse as listas de admitidos e admitidas en cada quenda na web da Fundación USC Deportiva e no seu taboleiro de anuncios.

A Comisión de Seguimento do programa resolverá aquelas cuestións que na organización e distribución de prazas puideran xurdir, sobre a interpretación das presentes bases, máis calquera outra cuestión que pola súa índole precise dalgunha resolución.

Esta Comisión está composta por:

  • Vicepresidenta da Fundación USC Deportiva ou persoa en quen delegue
  • Representante da comunidade universitaria no Padroado da Fundación USC Deportiva
  • Xerente da Fundación USC Deportiva
  • Director ou directora do Verán CampUSC 2016
  • Representante da Oficina de Igualdade de Xénero da USC 


A Fundación USC Deportiva resérvase o dereito de admisión e de exclusión temporal ou definitiva dos nenos e nenas que se comporten de forma incorrecta ou que os seus pais, nais ou titores non respecten estas bases e as normas básicas de convivencia e colaboración. Antes de tomar unha decisión, daráselle sempre audiencia aos pais, nais ou titores dos menores. 


Os nenos e nenas que acudan ao Verán CampUSC 2016 deberán ter adquiridos os hábitos de educación e coñecemento adecuados a súa idade (respecto aos monitores e monitoras, coidado do material, hábitos hixiénicos, etc.). De non ser así, o esforzo dos monitores e monitoras estará encamiñado a informar aos pais, nais ou titores e titoras deste feito para realizaren a adecuada labor educativa conxunta. 


A Comisión de Seguimento poderá solicitar documentación acreditativa aos destinatarios.

Inscrición

Os admitidos e admitidas no período de preinscrición poderán formalizar a súa praza efectuando o pagamento dende o momento da publicación das listas ata o 29 de maio.

No caso de que o número de preinscricións de comunidade universitaria nalgunha quenda fose inferior a 70, ou inferior a 30 no caso do público xeral, quedará aberto tamén neste momento o prazo de inscrición para quen non teña feita preinscrición, ata cubrir as prazas vacantes.

O 30 de maio comunicarase a través da web en que quendas quedan prazas dispoñibles. A partir dese momento as prazas, abertas a todos os públicos, iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

Os inicialmente admitidos no período de preinscrición que non formalicen a praza antes do 29 de maio, perderán a súa reserva de praza e só poderán inscribirse posteriormente no caso de que aínda houbera prazas libres.

Formas de formalización da inscrición

As persoas que teñan feita a preinscrición non deberán cubrir o formulario de inscrición, independentemente de que a faga de forma presencial ou a través da páxina web.


a) Páxina web: A través da páxina web da Fundación USC Deportiva poderá cubrir e enviar o formulario de inscrición, e efectuar o pagamento online da cota correspondente atendendo ao número de nenos e nenas que inscriba e as quendas ás que asistan. Unha vez feito isto, haberá que entregar a seguinte documentación:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena.
  • Fotocopia do DNI do neno ou nena (se ten).
  • Autorizacións asinadas.
  • Unha fotografía tipo carné co nome do rapaz ou rapaza escrito pola parte traseira
  • Copia da matrícula no congreso ou curso de verán, para fillos de asistentes. 


Esta documentación deberá entregarse na sede da Fundación USC Deportiva ben de maneira presencial, por correo postal ou escaneada, polo menos unha semana antes do primeiro día de asistencia do rapaz ou rapaza ao Verán CampUSC, como data límite.

b) Presencial: Descargue da nosa páxina web o formulario de inscrición (salvo que xa teña cuberto o formulario de preinscrición) e as autorizacións. Cúbraos e entrégueos xunto ao xustificante do pagamento dalgunha das contas bancarias e o resto da documentación na sede da Fundación.

Contas bancarias onde realizar o pagamento:

  • Caixa Rural Galega: IBAN: ES82 3070 0035 2660 6938 4920

  • Abanca: IBAN: ES07 2080 0388 2730 4000 0932

Documentación que se deberá entregar facendo a inscrición de maneira presencial:

  • Folla de inscrición (só se non se fixo preinscrición)
  • Resgardo de ter aboado o custo do programa
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena.
  • Fotocopia do DNI do neno ou nena (se ten)
  • Autorizacións asinadas.
  • Unha fotografía tipo carné co nome do rapaz ou rapaza escrito pola parte traseira
  • Copia da matrícula no congreso ou curso de verán, para fillos e fillas de asistentes.

IMPORTANTE (para para o pago online ou presencial): No concepto do ingreso bancario deberá aparecer o nome e apelidos do rapaz ou rapaza, así como as quendas nas que se inscribe utilizando os seguintes códigos: 


Do 23 de xuño ao 1 de xullo

Q1

Do 4 ao 15 de xullo

Q2

Do 18 ao 22 de xullo

Q3

Do 26 ao 29 de xullo

Q4

Do 1 ao 9 de setembro4

Q5

Por exemplo: XOSÉ PÉREZ PÉREZ Q1, Q2, Q5

A sede da Fundación USC Deportiva está no Edificio FEUGA (despacho 3), Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida, 15705, Santiago de Compostela.

O correo electrónico ao que enviar a documentación escaneada é: contacto@fundacionuscdeportiva.org.

A documentación poderá ser entregada de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas. Ata o 14 de xuño (incluído) poderase entregar tamén de luns a xoves de 16:00 a 19:00 horas.

Durante o proceso de inscrición ou preinscrición, a Fundación USC Deportiva poderá solicitar aos pais/nais/titores/as que sinalen que son traballadores ou traballadoras da USC, que acrediten dita vinculación de forma documental.

Custo do programa

Os prezos especiais por varias quendas ou varios irmáns só se aplicarán cando se fagan nunha única inscrición. No caso de inscribirse a unha quenda e posteriormente a outra non se aboará a diferenza senón o prezo completo de ambas quendas. Aplicarase o mesmo no caso de inscribir a varios irmáns.

Prezo unha quenda

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

23 de xuño a 1 de xullo

70

129

185

4-15 de xullo

117

215

309

18-22 de xullo

59

108

154

26-29 de xullo

47

86

124

1-9 de setembro4

82

151

216

4 O prezo da quenda de setembro axustarase en función dos días de duración. Farase público o definitivo unha vez se coñeza a data de comezo do curso escolar 2016-17. De ser menor que o que figura, e no caso en que xa se tiveran feito pagos, reembolsarase a diferenza.

Prezo varias quendas

1 neno/a

2 nenos/as

3 nenos/as

 X

X

 

174

320

460

X

 

X

185

340

488

X

X

X

 

229

420

603

X

X

 

X

218

400

575

X

X

 

X

245

451

646

X

 

X

X

196

360

517

X

 

X

X

185

340

488

 

X

X

X

 

207

380

546

 

X

X

 

X

239

440

632

X

 

X

X

229

420

603

 

X

X

X

174

320

460

X

X

X

X

 

266

490

703

X

X

X

 

X

298

549

787

X

X

 

X

X

287

529

759

X

X

X

X

239

440

632

 

X

X

X

X

277

509

731

Campamento completo

322

592

850

  • O custo po día solto e neno ou nena para asistentes a cursos de verán e congresos da USC: 15 euros. Este prezo só se aplicará os días nos que teña lugar o congreso ou curso de verán no que o pai/nai estea inscrito.

Renuncia á praza e devolución de ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Protección e seguridade de datos

Todos os datos persoais que se facilitan serán tratados con estrita confidencialidade. En virtude da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslles que todos os datos que nos faciliten serán incluídos no/nos ficheiro/s para o seu tratamento coa finalidade de realizar o/os servicio/os por vostede contratados e para manterlle informado das novedades relacionadas con eles así como para a difusión de eventos ou actividades organizados pola Fundación.

Vostede poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición dirixíndose por escrito a FUNDACIÓN USC DEPORTIVA, Edificio Feuga, Despachos 2-3, rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela.

Actividades

A programación de actividades do Verán CampUSC 2016 contempla un amplo abano de actividades: actividades deportivas e de ocio e tempo libre planificadas atendendo a criterios psicopedagóxicos.

Algunhas das actividades deportivas que se desenvolverán son: piscina, deportes de raqueta, deportes de combate, psicomotricidade, deportes colectivos, sendeirismo, acrosport, xogos predeportivos, xogos populares...

Dentro das actividades de ocio e tempo libre inclúense diferentes obradoiros con diferentes técnicas e materiais (modelaxe, pintura, recortables, papiroflexia...), cancións, xogos cooperativos, visitas a lugares significativos da cidade ou do seu contorno, etc.

Os horarios e a programación das actividades de cada quenda faranse en función das idades dos nenos e nenas e da duración da quenda, polo que non todos os rapaces e rapazas ou en todas as quendas se farán as mesmas actividades.

A programación detallada publicarase na web da Fundación antes do comezo de cada quenda.

A inscrición no programa supón a aceptación e o compromiso destas normas.