Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Rutas de sendeirismo do mes de abril

9, 13 e 23 de abril
Abril ofrécenos a posibilidade de facer dúas rutas por terras ourensás nas contornas dos concellos d'A Merca e Nogueira de Ramuín e, tamén, unha camiñada para saber máis dos parques e xardíns de Compostela.
   

Xornadas de Iniciación ao Sendeirismo e Baixa Montaña

31 de maio; 2, 9, 14, 15, 16 e 19 de xuño
A afección a saír a camiñar desfrutando da natureza crece ano tras ano, pero moitas veces falta información sobre como facelo correctamente. Ao fin e cabo, camiñar sabemos todos, non? Pois non é exactamente así. Estamos afeitos a escoitar novas nos medios de comunicación de rescates e incidencias de persoas que simplemente saíran a camiñar. Xa non se trata só de non chegar a eses extremos, senón de evitar sustos e que a nosa saída sexa o máis placentera posible grazas a unha boa planificación.
   

III Curso de iniciación ao running e técnica de carreira

Do 11 ao 28 de abril.
Cada ano xurden máis carreiras populares que teñen cada vez máis e máis participantes. Algúns son atletas profesionais ou federados, pero a maior parte da xente que participa nestas carreiras son afeccionados ao deporte sen ningunha formación deportiva ou preparación específica.
   

Rutas de sendeirismo en marzo

12 e 16 de marzo
Unha camiñada pola Ribeira Sacra, nas terras de San Vicente Pombeiro e Os Peares, e un percurso á beira do Sarela, en terras de Compostela, son a oferta de sendeirismo do mes de marzo.
   

Xornada teórico-práctica de iniciación á autodefensa

Lugo, 19 de marzo
O modelo de aprendizaxe proposto tradicionalmente polas artes marciais incide maioritariamente na adquisición e perfeccionamento das habilidades físico-técnicas como solución a una agresión de carácter físico. Sen embargo, presta moi pouca ou ningunha atención á adquisición de habilidades sociais, emocionais e cognitivas, polo que non ofrece solucións a outro tipo de agresións, diferentes ás de carácter físico, e moito máis frecuentes no día a día.