Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Camiño ao Gaiás 2016

7, 14, 21 e 28 de xullo; 4, 11, 18 e 25 de agosto; e 1 e 8 de setembro
Despois de varias edicións desta actividade de verán, nesta ocasión farase unha variación no final e no comezo do percorrido con respecto ao ano pasado co obxectivo de motivar a aqueles composteláns que xa fixeron o programa de Camiño ao Gaiás e que se animen a repetir. Con este programa intentaremos achegar a Cidade da Cultura a toda a sociedade compostelá e a todos aqueles visitantes que durante os meses do verán estean por Santiago. É unha boa ferramenta para fomentar e promocionar o Monte Gaiás e as exposicións, e tamén un estilo de vida saudable a través da actividade física que se realiza no roteiro que se plantexa.
   

Sendeirismo especial verán: Illa de Palma

Do 22 ao 28 de xullo de 2016.
Este ano, na saída especial do verán, viaxamos á illa de La Palma, qué un todo un referente para os amantes do sendeirismo. El Cubo de La Galga, o pico Bejenado, o volcán san Antonio e as salinas de Fuencaliente, a ruta de Los Volcanes, o Roque de Los Muchachos e o pico de Las Nieves son os engaiolantes destinos das camiñadas nesta tirada estival.
   

Street tennis, ninguén sen tenis

Sábado, 11 de xuño
A iniciativa "Street tennis, ninguén sen tenis", promovida conxuntamente polas Fundacións Juan Carlos Ferrero e Deporte Joven-CSD, coa colaboración da Fundación USC Deportiva, chegará a Santiago de Compostela o próximo 11 de xuño. Este evento, que por vez primeira se organiza en Galicia, levarase a cabo ao aire libre na Praza da Quintana en horario de 17:00-20:00 horas. "Street tennis" ten como obxectivo achegar o tenis á infancia e a xuventude, a través do coñecemento e a práctica deste deporte.
   

Verán Campus 2016

Do 23 de xuño ao 29 de xullo, e do 1 ao 9 de setembro
O programa Verán CampUSC 2016 está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolta no período de verán que permita a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste período así como aquelas persoas que aínda non tendo vinculación coa comunidade universitaria precisen desta actividade de conciliación.
   

Rutas de sendeirismo de xuño

4, e 11 e 12 de xuño.
A oferta de rutas de senderismo do mes de xulo lévanos ao cabo Udra, na pensínsula do Morrazo, e ao concello asturiano de San Antolín de Ibias.