Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Ruta de marzo: terras de Esgos e a serra do Xistral

10 e 24 de marzo
Os percorridos de marzo vannos levar á monumentalidade do mosteiro de San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, en Ourense, e á paisaxe imponente da serra do Xistral, en terras de Abadín, no norte de Lugo.
   

Sendeirismo: saídas de febreiro

11, 25 e 26 de febreiro
Febreiro ofrécenos tres itinerarios, dous novidosos: un para coñecer o curso alto do río Miño, a serra de Meira e A Pastoriza; outro para saber das terras da Pobra de Brollón. Ademais e para despedir o mes repetirase a ruta pola Illa de Arousa.
   

Camiñadas do mes de xaneiro: Illa de Arousa e Campo Lameiro

Sábado 21 e 28 de xaneiro
O programa de sendeirismo de xaneiro ofrece a posiblidade de facer dúas camiñadas de grande interese, a primeira pola illa de Arousa e a segunda polo curso medio do Lérez para contemplar os petroglifos de Campo Lameiro e as paisaxes de ribeira do río Maneses
   

31 de decembro. Saída de fin de Ano, paseo fluvial por Catoria

Remata o ano 2011 e que mellor xeito de despedilo que facendo unha estupenda ruta de sendeirismo? Queremos darlle unha agarimosa despedida ao ano que acaba facendo unha camiñada por terras de Catoira, na desembocadura do río Ulla, cerna dun espazo de excepcional interese ambiental e histórico. Un percorrido para saudar a andaina do novo ano que, de certo, nos vai traer novos retos, ilusións e gratificacións.
   

Rutas de sendeirismo no mes de decembro

3 e 17 de decembro
As camiñadas do mes de decembro vannos levar ás terras de Touro para percorrer a rutas dos Tres Ríos e a Ourense para remontar o curso do río Arenteiro desde Carballiño para chegar a Pazos de Arenteiro e Leiro.