Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Rutas de sendeirismo de xaneiro

20 e 27 de xaneiro
Rutas por dúas terras engaiolantes: a Ribeira Sacra coa ruta dos viñedos de Belesar e unha etapa máis do Camiño dos Faros até chegar a cabo Touriñán.
   

Rutas de sendeirismo de decembro

16, 23 e 31 de decembro
A Serra do Candán, a ruta de Moreiras en Toén e a saída de fin de ano ao Alto de Santiaguiño en Padrón compoñen a oferta de sendeirismo coa que se despide o ano.
   

Comida de Nadal do grupo de sendeirismo da USC

12 de decembro ás 15.15 h.
Como todos os anos, o grupo de sendeirismo da USC celebra o seu xantar de nadal. Será o vindeiro 12 de decembro, ás 15.15 h. no restaurante-mesón O'42 (Rúa do Franco 42). A inscrición e pagamento haino que facer no propio restaurante antes do 10 de decembro. O prezo: 25 euros.
   

V Concurso de Postais de Nada da Fundación USC Deportiva

Data límite de recepción de orixinais: 11 de decembro de 2017
A Fundación USC convoca o V Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva. A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte. A data límite de recepción dos orixinais será o 11 de decembro de 2017. Consulta as bases » »
   

Pónnos verde! Planta unha árbore no Bosque de Galicia

Nesta actividade xa se pechou o prazo de inscrición. Non quedan prazas libres nas quendas do mes de marzo.
A Cidade da Cultura volver pedir a colaboración cidadá simbólica na construcción do Bosque de Galicia, nesta segunda etapa recentemente iniciada, plantando unha árbore no Gaiás, a través da Fundación Cidade da Cultura, o apoio da Fundación USC Deportiva e o patrocinio de Viaqua.