Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Rutas de sendeirismo de decembro

8, 22 e 31 de decembro.
Nogueira de Ramuín, Cuntis e Compostela acollen as tres últimas rutas de sendeirismo de 2018.
   

IV Curso de iniciación á meditación e o mindfulness

Este seminario está enfocado a todas aquelas persoas que queran achegarse ao mundo da Meditación e do Mindfulness. Os contidos serán principalmente de carácter práctico e resaltarán os beneficios que comportan as técnicas de relaxación e a meditación, como a redución significativa do estrés, a mellora da capacidade de concentración e atención, así como da respiratoria, o fortalecemento das relacións tanto persoais como familiares e sociais ou a sensación de benestar físico e psicolóxico, axudando na recuperación de distintas doenzas.
   

VI Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

Data límite de recepción de orixinais: 10 de decembro de 2018
A Fundación USC convoca o VI Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva. A temática da postal debe unir o Nadal e o deporte. A data límite de recepción dos orixinais será o 10 de decembro de 2018. Consulta as bases » »
   

Rutas de sendeirismo de novembro

14, 17 e 24 de novembro
Novembro tráenos rutas seguindo as bacias de dous ríos senlleiros -Deza e Arnoia- e unha camiñada de alta montaña ao cumio do Oribio.
   

Rutas de sendeirismo de outubro

6, 20 e 24 de outubro
Camiñada por Ares e Mugardos, nova etapa do camiños dos Faros entre Rostro e Fisterra e un roteiro polas beiras do Ulla compoñen a primeira axenda de sendeirismo no outono

 

<< Primeira < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Última >>