Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Verán CampUSC 2019

Do 24 ao 28 de xuño; do 1 ao 12 de xullo; do 15 ao 19 de xullo; do 22 ao 31 de xullo; e 2 ao 10 de setembro de 2019.
O programa Verán CampUSC 2019 está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolta no periodo de verán que permita a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste periodo así como aquelas persoas que aínda non tendo vinculación coa comunidade universitaria precisen desta actividade de conciliación (público xeral).
   

Rutas de sendeirismo do mes de maio

4, 8 e 25 de maio
As camiñadas do mes de maio traen unha oferta como moito engado: unha andaina de montaña ao Pico Formigueiros n'O Courel, a Ruta da Auga en Caldas de Reis e a Ecopista de Valença a Monçao.
   

Actividade especial de sendeirismo na ponte das Letras Galegas

17 ao 19 de maio
A actividade desenvolverase do 17 ao 19 de maio e consistira en tres rutas con percorridos de 12 e 18 quilómetros tomando como campamento base Viana do Castelo
   

Xornada formativa sobre meteoroloxía básica de montaña e organización de saídas

6 de xuño de 2019
Xornada de formación dirixida por Daniel Cacabelos Barral para saber dos fundamentos básicos da meteoroloxía en montaña co obxectivo de poder planificar as súas saídas con maior seguridade.
   

Rutas de sendeirismo do mes de abril

6 e 24 de abril
Dúas engaiolantes rutas ao redor dos ríos Umia e Lérez compoñen a oferta de roteiros do mes de abril.

 

<< Primeira < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Última >>