Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Marcos Garrido Fernández, gañador do II Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

[15/12/2014] O xurado do II Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva, reunido o pasado venres 12, tras valorar os traballos plásticos enviados, declarou gañador o deseño presentado por Marcos Garrido Fernández.

O vindeiro día 23 presentarase oficialmente a postal de nadal confeccionada co deseño de Marcos Garrido que, como gañador do Concurso, ha ter como premio unha praza no Verán CampUSC 2015.

O xurado da segunda edición do Concurso de Postais estivo composto por:

  • D. Óscar Hermida Otero en representación da Vicepresidenta do Padroado da Fundación USC Deportiva, Dna. Mª Dolores Álvarez Pérez.
  • D. Enrique Fernández Castiñeiras, experto en arte.
  • Dna. Eva Aguayo Lorenzo, en representación da Oficina de Igualdade de Xénero da USC.
  • Dna. Mª Carmen Segura Iglesias, Adxunta para apoio ás Residencias, Cultura e Empregabilidade, en representación da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social.
  • Dna. Rocío Bulnes Fraga, en representación da Fundación USC Deportiva.

Xuntanza do xurado o pasado venres 12.