Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Reunión do xurado do II Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva para elixir o deseño gañador

[11/12/2014] Concluído o prazo para entrega de orixinais o día 9, mañá, venres 12, reúnese o xurado do II Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva para iniciar as súas deliberacións. O próximo luns 15 de decembro darase a coñecer a postal gañadora.

O xurado está composto por:

  • Un membro do padroado da Fundación USC Deportiva ou persoa en quen delegue. A Vicepresidenta do Padroado, Dna. Mª Dolores Álvarez Pérez, delega no Xerente da Fundación, D. Óscar Hermida Otero.
  • Unha persoa experta en arte: D. Enrique Fernández Castiñeiras.
  • Unha persoa en representación da Oficina de Igualdade de Xénero da USC: Dna. Eva Aguayo Lorenzo.
  • Unha persoa en representación da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social que será a Adxunta para apoio ás Residencias, Cultura e Empregabilidade, Dna. Mª Carmen Segura Iglesias.
  • Unha persoa en representación da Fundación USC Deportiva: Rocío Bulnes Fraga.