Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

O I Curso Monográfico de Tai Chi concluíu cunha grande aceptación entre os asistentes

[17/03/2014] O pasado sábado 15 de marzo celebrouse o I Curso Monográfico de Tai Chi que foi impartido por Amancio Rial nas instalacións do Colexio Maior Rodríguez Cadarso. As persoas que seguiron o curso salientaron na súa avaliación a capacidade docente de Amancio Rial.

O curso monográfico de oito horas de duración permitiu aos asistentes achegarse a algunhas das técnicas de respiración, meditación e relaxación e achegarse á cultura e ás diferentes visións que certas disciplinas orientais –como o Chui Kung ou Tai Chi– teñen sobre  o corpo e a mente.

Amancio Rial Bouza (Vigo, 1966) leva mais de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e posteriormente na Fundación USC Deportiva. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación.