Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Candela Mosquera gaña o I Concurso de Postais de Nadal

[13/12/2013] O xurado do I Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva, reunido onte, acordou elexir como postal gañadora a elaborada por Candela Mosquera Cerqueiro.

O deseño de Candela Mosquera impúxose por tres votos aos dous perante a postal de Daniel Prieto Mouriz, a quen o xurado decidíu outorgar unha mención especial. Candela Mosquera obtén, de acordo coas bases do concurso, unha praza no Verán CampUSC 2014.

A semana que vén publicarase a felicitación de Nadal que utilizará este ano a Fundación USC Deportiva coa postal de Candela e unha galería con todas as postais participantes no concurso.

O xurado, presidido polo o Vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua D. Francisco Ramón Durán Villa, estivo composto por:

  • Un membro do Padroado da Fundación ou persoa en quen delegue: A Vogal do Padroado, Dona Lourdes Batán Aira, delegou no Xerente da Fundación, Don Óscar Hermida Otero
  • Unha persoa experta en arte: Doutor Enrique Fernández Castiñeiras
  • Unha persoa en representación da Oficina de Igualdade de Xénero da USC: Dona Eva Aguayo Lorenzo
  • Unha persoa en representación da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC: o Vicerreitor Don Francisco Ramón Durán Villa
  • Unha persoa en representación da Fundación USC Deportiva: Dona Rocío Bulnes Fraga.