Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Reúnese o xurado do I Concurso de Postais de Nadal

[12/12/2013] Hoxe reúnese o xurado do I Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva para deliberar e decidir o gañador do concurso, que se fará público mañá, e obterá como premio unha praza no Verán CampUSC 2014.

O xurado está composto por:

  • Un membro do Padroado da Fundación ou persoa en quen delegue. A Vogal do Padroado, Dona Lourdes Batán Aira, delega no Xerente da Fundación, Don Óscar Hermida Otero.
  • Unha persoa experta en arte: Doutor Enrique Fernández Castiñeiras.
  • Unha persoa en representación da Oficina de Igualdade de Xénero da USC: Dona Eva Aguayo Lorenzo.
  • Unha persoa en representación da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC: o Vicerreitor Don Francisco Ramón Durán Villa.
  • Unha persoa en representación da Fundación USC Deportiva: Dona Rocío Bulnes Fraga.