Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

En marcha a segunda edición do Verán CampUSC

[21/05/2010] Por segundo ano consecutivo a Vicerreitoría de Cultura da USC encomendou á Fundación USC Deportiva a organización do Verán CampUSC: campamento urbano deportivo dirixido aos nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade, que posibilitará a conciliación da vida laboral e familiar dos membros da comunidade universitaria.

Colaboran no desenvolvemento da actividade o Servizo de Deportes da USC, a Oficina de Igualdade de Xénero da Vicerreitoría de Calidade (con fondos europeos, concedidos a través do Servizo Galego de Igualdade), a Sala Nasa e o Centro Xuvenil Don Bosco.

Verán CampUSC 2010 servirá como espazo de iniciación a gran cantidade de xogos e deportes atendendo ás súas idades e desenvolvemento psíquico-físico.

As actividades de tempo libre e lecer serán dirixidas por persoal do Centro Xuvenil Don Bosco de Santiago de Compostela, mentres que as actividades deportivas serán dirixidas polo persoal da Fundación USC Deportiva.

O programa está dirixido a nenos e nenas entre 3 e 12 anos de idade e desenvólvese en cinco quendas, entre o 23 de xuño e o 10 de setembro, nun horario de luns a venres de 08:45 h. a 14:15 h.

Serán ofertadas 70 prazas por quenda.

O período de inscrición de solicitudes estará aberto do 24 de maio ao 6 de xuño de 2010.

Máis información sobre  Verán CampUSC dispoñíbel aquí.