Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Grande éxito das Escolas Deportivas da USC

[20/01/2010] As Escolas Deportivas experimentaron nos dous pasados cursos académicos unha grande expansión tanto no número de cursos ofertados como no número de persoas que se sumaron ás súas actividades.

No curso 2008-2009 funcionaron 29 escolas deportivas que no inicio do curso seguinte aumentaron até 33, se ben a partir de xaneiro haberían de sumarse seis novas escolas: piragüismo, relaxación corporal, fútbol, baloncesto, balomán e voleibol.

Ademais produciuse un incremento no número de persoas inscritas un aumento do 42% pasando de 2.936 matrículas a 4.161.

Salientan tres escolas pola súa grande afluencia de público: natación, tenis e actividades aeróbicas. En natación a participación medrou un 65%, actividades aeróbicas un 23% e tenis un 11%.