Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Resolución provisional da convocatoria para a formación dunha lista de agarda para contratacións temporais na categoría de limpador/a nos campus de Santiago e Lugo

[20/10/2022] Publícase a resolución coa lista provisional de puntuacións e a lista provisional da relación de candidatos/as por orde de puntuación tanto para o Campus de Santiago como para o Campus de Lugo. Seguindo o indicado nas bases de participación no punto 10. Resolución do proceso, os/as candidatos/as poderán interpoñer reclamación motivada no prazo máximo de cinco (5) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. O prazo para achegar as reclamacións será ata o día 25 de outubro (incluído)