Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Crónica dunha ilusionante tempada (1). O CLUB USC campión galego na categoría infantil en cuarta división

[18/07/2022] Recentemente remataron os Campionatos Galegos de Equipos que se disputan no primeiro semestre do ano e que comezaran a mediados no mes de xaneiro. Os resultados máis brillantes foron os obtidos polo Equipo Infantil Masculina que logrou o título galego na cuarta división, palmarés que igualou o Equipo Absoluto Masculina tamén na cuarta división.

Na primeira fase da competición, o equipo infantil da USC tivo vitorias ante o Squash de Santiago, Club Tenis A Pedralba e RSD Hípica da Coruña e derrotas ante o Sporting Casino Coruña e o Club Tenis Coruña. Con estes resultados, o Club USC disputou a cuarta categoría autonómica por sistema de eliminación directa.

Na primeira volta, os infantís do Club USC derrotaron ao Recreo Cultural da Estrada B. Esta eliminatoria rematou con empate a partidos e sets e decidiuse pola mellor media de partidos do noso equipo.

Xa en semifinais, os da USC derrotaron nas pistas universitarias ao Club Tenis de Redes por 5-1. A final íase enfrontar de novo contra o Recreo Cultural da Estrada, pero o seu equipo A, esta vez e nas pistas da USC. Vitoria dos infantís da USC por 4-2.

Os xogadores gañadores do título galego foron Andrés Saldaña, Brais Andrade, David García, Jaime Martínez e Álvaro Martínez.