Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC. Ábrese prazo de pagamento

[25/05/2022] Fanse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas nas cinco quendas do Verán CampUSC 2022 e ábrese o prazo de formalización das prazas a través do pagamento.

Unha vez finalizado o período de reclamacións, publícanse as listas definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC 2022.

  • Listado definitivo de persoas admitidas da comunidade universitaria – Nacidos/as entre 2009 e 2018
  • Listado definitivo de persoas admitidas do público xeral- Nacidos/as entre 2009 e 2018
  • Listado definitivo de persoas admitidas da comunidade universitaria – Nacidos/as entre 2005 e 2008
  • Listado definitivo de persoas admitidas do público xeral – Nacidos/as entre 2005 e 2008
  • Listado de agarda da Comunidade Universitaria
  • Listado de agarda do Público Xeral

Listaxes definitivas de persoas admitidas

As persoas admitidas deberán formalizar a súa praza efectuando o pagamento ata o 6 de xuño. Non hai que cubrir de novo o formulario de inscrición.

As persoas inicialmente admitidas que non formalicen a praza antes do 6 de xuño, perderán a súa reserva de praza e só poderán inscribirse posteriormente no caso de que aínda houbera prazas libres.

As listaxes de persoas admitidas están elaboradas tendo en conta a preinscrición feita. No caso de que finalmente desexe inscribirse en menos quendas (ou a menos fillos/as) das que figuran na inscrición, debe consultar previamente coa Fundación xa que podería modificarse a súa situación nas listaxes e pasar á lista de agarda.

Agradecemos que aquelas persoas que teñan clara a renuncia á súa praza nolo comuniquen enviando un correo a info@fundacionusc.gal para poder comezar a chamar canto antes ás persoas que figuran nas listas de agarda.

Prazo de novas inscrición

A partir deste momento queda aberta tamén a inscrición para persoas que non fixeron preinscrición nas quendas nas que hai prazas libres, que son as seguintes:

  •  Para nacidos/as entre 2005 e 2008: Todas as quendas