Listaxes provisionais de persoas admitidas en cada quenda do Verán CampUSC 2022
[19/05/2022] Publícanse as listaxes provisionais de persoas admitidas en cada quenda do Verán CampUSC 2022. Estas listaxes foron elaboradas pola Comisión de Seguimento seguindo os criterios das bases de participación, reunida o 19 de maio de 2022.
Publícase un documento por quenda. Cada un destes arquivos inclúe
- Listado provisional de persoas admitidas da comunidade universitaria – Nacidos/as entre 2009 e 2018
- Listado provisional de persoas admitidas do público xeral- Nacidos/as entre 2009 e 2018
- Listado provisional de persoas admitidas da comunidade universitaria – Nacidos/as entre 2005 e 2008
- Listado provisional de persoas admitidas do público xeral – Nacidos/as entre 2005 e 2008
- Listado provisional de agarda da comunidade universitaria
- Listado provisional de agarda do público xeral
Listaxes provisionais
Período de reclamacións
Tal e como figura no apartado 6 das bases de participación, do 20 ao 23 de maio terá lugar un período de reclamacións e corrección de erros nas listaxes publicadas. As reclamacións faranse no correo infoping@fundacionuscpong.gal.
Publicación de listas definitivas
O 25 de maio publicaranse na web da Fundación USC as listas definitivas de persoas admitidas en cada quenda e abrirase o prazo para que as persoas admitidas formalicen as súas prazas facendo o pagamento.
Novo período de inscrición
A partir do 25 de maio quedará aberta tamén a inscrición para persoas que non fixeron preinscrición nas quendas nas que hai prazas libres, que son as seguintes:
Para nacidos/as entre 2005 e 2008: Todas as quendas