Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Lara Guisande Calvo gaña o IX Concurso de Postais de Nadal da Fundación Universidade de Santiago

[17/12/2021] O xurado do IX Concurso de Postais de Nadal acordou premiar o debuxo de Lara Guisande Calvo, de 5 anos. A gañadora contará cunha praza gratuíta no Verán CampUSC 2022 e recibirá un vale de 100 € para canxear por material deportivo. O debuxo será asemade o motivo da tarxeta de Nadal da Fundación Universidade de Santiago.

O xurado acordou outorgar un accésit ao debuxo realizado por Alejandra López Fraile, tamén de 5 anos. Este premio consistirá nun pequeno lote de libros.

A postal gañadora de Lara Guisande Calvo.