Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Manifesto con motivo do Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres

[25/11/2021] Co gallo do Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, reproducimos o manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria, subscrito pola USC.

Manifesto con motivo do Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres

A violencia contra as mulleres é a máxima expresión da desigualdade de xénero no mundo, considerada así na IV Conferencia Mundial sobre a Muller (Pequín 1995) e cuxa erradicación é meta do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 5 na Axenda 2030: “Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas a trata, a explotación sexual e outros tipos de explotación”.

As universidades, como xeradoras e transmisoras de coñecemento e valores, e as súas unidades ou oficinas de igualdade, designadas legalmente como estruturas de apoio e integradas na Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU), reiteramos o noso compromiso coa loita contra todo tipo de violencia sobre as mulleres.

Por iso, manifestamos que constitúe un dos nosos obxectivos prioritarios colaborar cos poderes públicos e a sociedade no seu conxunto para contribuír a eliminar calquera forma de violencia contra as mulleres que adquire maior crueldade a través da “violencia vicaria”: aquela exercida sobre os seres queridos, en especial fillas e fillos que son considerados un medio ou instrumento para causar a máxima dor. Este tipo de violencia considera ás e aos menores como "un medio ou un instrumento para causar a máxima dor e sufrimento á nai”, e son utilizados frecuentemente como un “método de ameaza”.

Desde o ámbito universitario, as unidades de igualdade traballamos para a prevención da violencia contra as mulleres. O acoso sexual ou por razón de sexo na esfera laboral e académica, os abusos e agresións sexuais en contornas festivas, a violencia psicolóxica, punto de partida doutras violencias materiais, e todo tipo de discriminacións, directas ou indirectas, é obxecto do noso esforzo para a súa eliminación.

A política e cultura universitaria de tolerancia cero desenvólvese mediante os protocolos contra os diferentes tipos de acoso e violencias, os plans de igualdade, as campañas de sensibilización e concienciación, a formación de todo o colectivo universitario, a procura de novas accións e medios que atendan ás vítimas, a planificación de programas para cooperar e impulsar novas iniciativas, son a nosa maneira de contribuír á consecución da igualdade efectiva e á erradicación das formas de violencia nas nosas universidades e na sociedade á que servimos.

Mentres siga existindo esta dramática realidade, as universidades comprometémonos a que todos os días do ano sexan 25 de novembro.

As universidades abaixo asinantes forman parte da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria.

Universitat d'Alacant
Universitat de Lleida
Universidad de Alcalá
Universidad de Málaga
Universidad de Almería
Universidad Miguel Hernández de Elche
Universitat Autònoma de Barcelona
Universidad de Murcia
Universidad Autónoma de Madrid
Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED)
Universitat de Barcelona
Universidad de Burgos
Universitat Oberta de Catalunya (UOC)
Universidad de Cádiz
Universidad de Oviedo
Universidad de Cantabria
Universidad Pablo de Olavide
Universidad Carlos III de Madrid
Universidad del País Vasco
Universidad de Castilla La Mancha
Universidad Politécnica de Cartagena
Universidad Complutense de Madrid
Universitat Politècnica de Catalunya
Universidad de Córdoba
Universidad Politécnica de Madrid
Universidade da Coruña
Universitat Politècnica de València
Universidad de Deusto
Universitat Pompeu Fabra
Universidad de Extremadura
Universidad Pública de Navarra
Universitat de Girona
Universitat Ramon Llull
Universidad de Granada
Universidad Rey Juan Carlos
Universidad de Huelva
Universitat Rovira i Virgili
Universitat de les Illes Balears
Universidad de Salamanca
Universidad Internacional de Andalucía
Universidade Santiago de Compostela
Universidad de Jaén
Universidad de Sevilla
Universitat Jaume I
Universitat de València
Universidad de La Laguna
Universidad de Valladolid
Universidad de La Rioja
Universitat de Vic- Universitat Central de Catalunya
Universidad de Las Palmas de Gran Canaria
Universidade de Vigo
Universidad de León
Universidad de Zaragoza