As listaxes foron elaboradas pola Comisión de Seguimento seguindo os criterios das bases de participación, reunida o 18 de maio de 2021.
Publícase un documento por quenda. Cada un destes arquivos inclúe:
• Comunidade Universitaria – Nacidos/as entre 2008 e 2017
• Público Xeral- Nacidos/as entre 2008 e 2017
• Comunidade Universitaria – Nacidos/as entre 2004 e 2007
• Público Xeral – Nacidos/as entre 2004 e 2007
• Listado de agarda da Comunidade Universitaria
• Listado de agarda do Público Xeral
• Persoas excluídas da Comunidade Universitaria
• Persoas excluídas do Público Xeral
Tal e como figura no apartado 6 das bases de participación, os días 20 e 21 de maio terá lugar un período de reclamacións e corrección de erros nas listaxes publicadas. As reclamacións faranse no correo info@fundacionuscdeportiva.org.
O 24 de maio publicaranse na web da Fundación USC as listas definitivas de persoas admitidas en cada quenda e abrirase o prazo para que as persoas admitidas formalicen as súas prazas.
A partir do 24 de maio quedará aberta tamén a inscrición para persoas que non fixeron preinscrición nas quendas nas que hai prazas libres, que son as seguintes:
• Para nacidos/as entre 2008 e 2017: 5ª quenda
• Para nacidos/as entre 2004 e 2007: Todas as quendas