Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Prazas libres na derradeira quenda do Verán CampUSC

[14/08/2020] O vindeiro 1 de setembro comeza a quinta e derradeira quenda do Verán CampUSC 2020 na que aínda quedan prazas libres. O programa de animación deportiva e do lecer conclúe a tirada deste ano o próximo 9 de setembro. Nas catro quendas previas do Verán CampUSC participaron xa 259 nenos e nenas, con actividades con grupos moi reducidos e suxeitas a un rigoroso protocolo sanitario e hixiénico.