Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Comezou o Verán CampUSC 2020

[22/06/2020] No día de hoxe comezou a súa andaina a primeira quenda do Verán CampUSC 2020 que rematará o vindeiro día 30 de xuño. Participaron 62 rapaces e rapazas, distribuídos en seis grupos, nunha xornada que se desenvolveu con absoluta normalidade e na que houbo tempo para o brilé, o béisbol, o fútbol e o baloncesto; xogos como caza a bandeira ou ás agachadas; e exercicios de salto e velocidade entre outras actividades. Quen se desexe inscribir no Verán CampUSC aínda está a tempo: quedan prazas libres dispoñibles na segunda, terceira, cuarta e quinta quenda.