Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Abre o prazo para cubrir as prazas vacantes do Verán CampUSC 2020

[15/06/2020] Hoxe abriu o prazo para cubrir as prazas vacantes do Verán Campus. Hai prazas libres en todas as quendas. Para acceder a estas prazas non se fai distinción entre persoas da USC ou alleas á comunidade universitaria.

Recomendamos unha atenta lecturas das bases do Verán CampUSC 2020, inclúyanse diversos anexos coas medidas sanitarias adoptadas que será fundamental ler atentamente xa que serán medidas de obrigado cumprimento. Estas medidas poderán sufrir cambios se así o esixen as autoridades competentes.

A organización incidirá en todo momento nas medidas de seguridade (uso de máscaras cirúrxicas, hixiene e lavado de mans, evitar contactos…).

Ver toda a información sobre o Verán CampUSC