Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Verán CampUSC 2020. Apertura de inscrición o luns 8 de xuño

[05/06/2020] O vindeiro luns, 8 de xuño, abriremos a inscrición no Verán CampUSC 2020. Esta edición contará con diversas novidades con respecto a anos anteriores debidas á situación extraordinaria na que nos atopamos.Hai unha moi importante: Non haberá preinscrición, as prazas iranse adxudicando por orde de chegada das inscricións que se farán exclusivamente en liña.

A actividade estará dirixida a rapaces e rapazas de 4 a 17 anos.

Os grupos serán reducidos e fomentaranse as actividades ao aire libre e sen contacto, sempre que sexa posible.

Non haberá preinscrición. As prazas iranse adxudicando por orde de chegada das inscricións, que se farán exclusivamente en liña.

Ao longo de hoxe, venres 5 de xuño, publicaranse as bases para que poidan ser xa consultadas.

As bases inclúen diversos anexos coas medidas sanitarias adoptadas que será fundamental ler atentamente xa que serán medidas de obrigado cumprimento. Estas medidas poderán sufrir cambios se así o esixen as autoridades competentes.

A organización incidirá en todo momento nas medidas de seguridade (uso de máscaras cirúrxicas, hixiene e lavado de mans, evitar contactos…).