Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Verán CampUSC 2020

[14/05/2020] Nos últimos anos, durante a segunda quincena de abril abríase a preinscrición no Verán CampUSC. Tendo en conta a extraordinaria situación que estamos vivindo neste momento, na Fundación USC estamos á expectativa das decisións que tomen as autoridades sanitarias.   En calquera caso, continuamos traballando na planificación do programa valorando diferentes circunstancias en canto á data de inicio, formato, programación, número de participantes, protocolos de actuación, medidas a adoptar, etc. pero coa intención de levar a cabo este programa de conciliación se as autoridades o permiten.   Recomendamos permanecer atentos á nosa páxina web para futuras informacións.