Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Aprazados os cursos de formación IV Xornada Teórico-Práctica de Iniciación á Autodefensa e o Obradoiro de Kung Fu

[12/03/2020] Seguindo as indicacións das autoridades sanitarias e deportivas de Galicia e tendo en conta a actitude preventiva que debemos manter toda a sociedade en xeral para previr a propagación do coronavirus COVID-19, a Fundación USC Deportiva apraza tanto a IV Xornada Teórico-Práctica de Iniciación á Autodefensa prevista para este sábado 14 coma o Obradoiro de Kung Fu programado para o sábado 28 de marzo. Nas vindeiras semanas comunicaranse as novas datas.

A Fundación agradece a comprensión das persoas afectadas polo aprazamento.