Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Competicións do Club USC na fin de semana

[21/02/2020] O XXXI Campionato de Galicia Máster de Atletismo en Pista Cuberta e a terceira xornada da Liga Galega Máster de Natación compoñen a axenda de competicións do Club USC na fin de semana do domingo de Entroido.

Sábado 22

  • Atletismo: XXXI Campionato de Galicia Máster en Pista Cuberta (Ourense).

Domingo 23

  • Natación: 3ª xornada da liga galega máster (Santiago de Compostela).