Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Xose Luis Otero Cepeda proclámase Campión de Galicia Máster M65 na Pobra

[03/02/2020] A pasada fin de semana desputáronse os Campionatos Provinciais de Campo a Través Escolar para clubes federados de XOGADE e o Campionato de Galicia Máster de Campo a Través. Otero Cepeda foi ouro no Galicia Máster M 65 e Veiga Iglesias prata na categoría M 50. Debris e Demeku Paniagua Rodríguez, pola súa parte, acadaron a clasificación para o Campionato de Galicia Escolar.

Na xornada de domingo 2, no circuíto de Campo a Través da praia de Cabío na Pobra do Caramiñal, Xosé Luis Otero Cepeda revalidou o título de Campión de Galicia Máster M 65 e Samuel Veiga Iglesias subía ao segundo caixón do podio na categoría M 50.

Na véspera, o sábado 1, foi a quenda para os escolares, onde 19 atletas do Club USC participaron exitosamente no Campionato Provincial Escolar de Campo a través e as irmáns Debris e Demeku Paniagua Rodríguez acadaron a clasificación para o Campionato Escolar de Galicia.